Campaña zona libre de bolsas en Redondela

Cargando eventos

Amigos da Terra organiza unha campaña de concienciación ao consumo, neste caso para promocionar a redución de bolsas plásticas, cunha iniciativa que consistirá en que, aos consumidores/as que se comprometan conscientemente e evitar o uso de bolsas plásticas, cambiarllas por bolsas reutilizables de tela.

Para elo, este martes 21 de decembro Amigos da Terra estará na tradicional feira de Redondela, dende as 11:00 ás 14:00 nun posto informativo ofrecendo as persoas interesadas que o desexen o cambio das súas bolsas de plástico por bolsas de tela. Ase mesmo, facilitarase tamén información aos cidadáns sobre como reducir os seus residuos nesta época de Nadal.

Leave A Comment

Go to Top