Roteiro interpretativo pola Serra de San Mamede e o Bidueiral “Montederramo”.
Sairemos ás 10 da mañá do Albergue das Corcerizas ata a Fonte do Santo (nascente do Río Arnoia), cúmio da serra-Capela do San Mamede (1618 metros) con vistas ás montañas máis altas de Galicia, serras de Portugal, Val do Limia, Val de Monterrei, Terra de Caldelas…baixaremos ata o Bidueiral (unha das épocas do ano onde esta fraga de alta montaña está máis bonita) pasearemos polo Bidueiral e voltaremos polo camiño que leva a Peneda da Lebre (vistas do Val do Medo-Maceda, Cabeza de Meda, serras do Faro, A Martiñá, A Madanela, Faro de Avión, Val do Sil, Val do Miño…).
Percorrido total 16-20 quilómetros
A noitiña magosto no Albergue das Corcerizas
Ao longo da xornada realizaremos un obradoiro de cartografía-orientación. Plantaremos árbores nunha zona degradada, faremos a interpretación dos ecosistemas que acubilla a serra de San Mamede… PREZO non socios 10 Euros (autobús, activida

Leave A Comment