O día 2 de xullo e co obxectivo de conmemorar o Día Sen Bolsas, que se celebra a nivel nacional ao día seguinte, levaremos a cabo na cidade de Ourense na rúa Saez Diez enfronte do centro comercial, dende as 17:30 ás 20.00 horas, unha acción de rúa na que premiaremos a aquelas persoas que deixaron de utilizar bolsas de plástico dun só uso nas súas compras e apostaron por métodos altenativos, como as bolsas de tea, os carriños da compra ou as cestas de rafia.
Así mesmo, informaremos e realizaremos unha pequena enquisa aos viandantes para coñecer o número de persoas que abandonaron ás bolsas de plástico dun só uso e as súas impresións sobre esta iniciativa. Cos datos recollidos faremos un pequeno informe que publicaremos na web e enviaremos á prensa, durante a semana seguinte.

Leave A Comment