Amigos da Terra presenta o curso-práctico de “Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento”, dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación e que terá lugar os vindeiros 24 e 25 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.
O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico o proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).
Para participar no curso, reenviar a ficha de inscrición cuberta a :
comunicacion@amigasdaterra.net .
O curso é gratuíto para os/as asistentes. Non se inclúe o desprazamento. Entregarase certificado de asistencia.

Leave A Comment