
Os agrocombustibles, un problema máis que unha solución
CONVOCATORIA:
Xoves 11 de decembro de 2008 ás 20.00h
Casa da Xuventude (R/ Celso Emilio Ferreiro, nº 27 – Ourense)
Hoxe xoves 11 de decembro ás 20.00h, Amigos da Terra levará a cabo a conferencia “Antes comestibles que combustibles”. David Sánchez Carpio, responsable de Agricultura e Alimentación de Amigos de la Tierra será o encargado de impartir esta charla sobre a problemática dos agrocombustibles e que terá lugar na sala de vídeo da Casa da Xuventude.
Os combustibles de orixe agrícola (agrocombustibles ou biocombustibles) propóñense como unha ferramenta para combater o cambio climático, non obstante, dende Amigos da Terra consideramos que os agrocombustibles supoñen un problema mais que unha solución. Existen demasiadas probas dos seus impactos ambientais e sociais (deforestación, fomento de monocultivos industriais, desprazamento de comunidades campesiñas, competición sobre o uso da terra, subida do prezo dos alimentos ) como para non replantexarse esta aposta.
Así mesmo, Amigos da Terra organizará hoxe pola tarde na rúa do Paseo de Ourense, unha mesa informativa de sensibilización e concienciación sobre os riscos dos agrocombustibles e os inconvenientes que supón a utilización deste tipo de substancias a gran escala.