
Amigos da Terra ven anunciando e preparando nas últimas semanas a celebración duns seminarios prácticos sobre lexislación ambiental: como protexer o medio ambiente dende a lei.
Estes seminarios están pensados para todos/as aqueles/as que non teñen coñecementos sobre lexislación e medio ambiente e para todos/as aqueles/as socios/as, colaboradores/as, voluntarios/as ou achegados/as á asociación e sensibilizados coa protección do medioambiente.
Como aplicar na vida cotiá de todos/as nós a lexislación ambiental sen pensar que o descoñecemento da linguaxe xurídica sexa unha traba para non interceder ante unha agresión ambiental.
Con estos seminarios convertirémonos en ecovixías e defenderemos o medio ambiente “coa lei na man”.
DATAS: 15 ao 18 de decembro
LUGAR de CELEBRACIÓN: sala B4 do Edificio Politécnico do campus. As Lagoas de Ourense
HORARIO: 16h a 20h.
PROGRAMA:
15 de decembro
Nacemento do Dereito Ambiental. Lexislación
16 de decembro
Mecanismos de denuncia. Órganos administrativos competentes
17 de decembro
O Convenio de Aarhus. Nacemento da RADA- Rede de Avogados para a Defensa Ambiental.
18 de decembro
Casos prácticos: infraccións administrativas, delitos ecolóxicos, alegacións, petición de información ambiental.
Inscrición de balde
Remate prazo inscrición: 11 de decembro
“A protección do medio ambiente dende o eido xurídico, é o resultado do arduo traballo que Amigos da Terra ven desenvolvendo dende os seus comezos. É importante saber que lexislación protexe o entorno ecolóxico e que medidas tomar ante unha infracción ou un delito ecolóxico”.
Interven activamente na protección do medio ambiente, esperámoste nos seminarios!
Apúntate xa no correo xuridico@amigasdaterra.net ou chamando ao 988.374.318 (Montse).
P.D.: O lugar de impartición, pode verse sometido a modificacións por causas alleas a Amigos da Terra. Notificarase o cambio de sala de ser o caso.