Sete asociacións conservacionistas, co aval de investigadores de recoñecido prestixio das tres universidades galegas, denuncian que a VI edición do Costa-Trail de Oleiros “Seixo Branco”, que terá lugar o vindeiro 3 de abril, aproximarase a poucos metros dunha importante colonia de cría de corvo mariño cristado e afectará aos muros dun castro catalogado.
Dende o ano 2011 vense desenvolvendo no concello de Oleiros o denominado Costa Trail de Oleiros “Seixo Branco”, carreira pedestre de montaña organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración nesta edición do concello de Oleiros e o Club de Atletismo Sada.
Gran parte da carreira desenvolverase polo entorno dos acantilados da Costa de Dexo, espazo declarado Monumento Natural e Rede Natura 2000 e que alberga entre os seus principais valores unha das principais colonias a nivel galego e estatal de corvo mariño cristado (en castelán: Cormorán moñudo). O corvo mariño cristado é unha ave mariña ameazada por múltiples factores que están a provocar un severo descenso poboacional en toda Galicia, motivo polo que está considerada baixo a categoría de En Perigo de Extinción e foi incluída no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como Vulnerable, o que obriga á súa protección estrita.
Nun contexto de evolución poboacional moi negativa, as poboacións da Costa de Dexo adquiren relevancia ao constituír o principal (ou un dos principais) núcleo de cría da costa continental da Península Ibérica. Este carácter “continental” implica que ademais dos problemas globais que afectan á especie, estas poboacións están expostas tamén a impactos chegados dende terra, principalmente molestias durante o período crítico de incubación e crianza dos polos.
Maila ter coñecemento desta problemática, o trazado previsto pola organización para o paso dos 350 corredores sitúase a poucos metros da colonia en plena época de cría, co potencial risco de ocasionar molestias e impactos sobre a reprodución desta especie gravemente ameazada e patrimonio común da sociedade.

As asociacións asinantes consideran inaceptable o tránsito polo entorno da colonia, tanto polas potenciais molestias durante a carreira como pola súa apertura a un futuro uso público descontrolado, e solicitan á organización e á Dirección Xeral de Conservación da Natureza a volta ao trazado orixinal empregado nas anteriores cinco edicións. Salientamos que ademais das citadas ONGs, a solicitude conta co aval da comunidade científica representada por algúns dos principais investigadores das tres Universidades galegas en materia de conservación da biodiversidade.
Erosión no castro de Punta Roza
Por outra banda, as ONG denuncian tamén o impacto do Trail sobre o castro catalogado de Punta Roza, na parroquia de Dexo. A carreira introdúcese na súa Área de Protección Integral e atravesa os seus parapetos defensivos, ocasionando (xunto co tránsito habitual de corredores e ciclistas) graves problemas erosivos nos muros deste elemento patrimonial.
Ausencia de avaliación ambiental
As carreiras de montaña son unha actividade saudable, limpa, respectuosa e sostible, ademais de potenciais dinamizadores das áreas rurais. Pero dado o auxe deste tipo de actividades deportivas no medio natural e para garantir a súa sostibilidade, é precisa a regulación do seu paso polos espazos naturais protexidos, sen esquecer a función que o conxunto da sociedade lles outorgou a estas areas e que non é outra que a da preservación do seu patrimonio natural e un uso público respectuoso cos seus valores.
Este é o criterio asumido pola propia Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada, que avoga pola minimización dos impactos ambientais dos Trail baseada na correcta elección dos seus trazados e datas de celebración e pola súa desestimación naqueles casos nos que a fraxilidade e valor ambiental do espazo así o aconselle, cómo é o caso das colonias de corvo mariño cristado da Costa de Dexo.
Ademais da asunción de criterios ambientais por parte das entidades organizadoras destas actividades, é necesaria unha correcta avaliación dos seus efectos sobre os espazos protexidos por parte das administracións competentes en materia ambiental, que non poden limitarse a unha mera autorización por defecto e sen unha revisión previa das especies, hábitats e outros valores naturais e culturais potencialmente afectados. En casos como o actual e en previsión de posibles impactos sobre especies ameazadas debe primar ante todo o principio de precaución.
Na Costa de Dexo e no seu entorno, recoñecido como Reserva da Biosfera, existe suficiente espazo para a práctica de actividades deportivas sostibles e compatibles cos seus valores naturais, sen necesidade de ampliar cada ano a superficie abarcada por estas nin poñer en risco a tranquilidade dunha especie tan ameazada e tan emblemática das nosas costas como o corvo mariño cristado.
ENTIDADES ASINANTES:
Sociedade Galega de Ornitoloxía
SEO/Birdlife
Sociedade Galega de Historia Natural
Adega
Verdegaia
Amigos da Terra
Grupo Naturalista Hábitat
Aquí podes descargar a solicitude á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
No sé dónde están éstas asociaciones de Ecologuais consintiendo una actividad de centenares (o incluso miles) de personas (en un sólo día) que hacen lo mismo en A Costa da Morte (Red Natura 2000 y ZEPA). Quizá es que si el organizador está “bien relacionado” en la Xunta y en los concellos miran para otro lado. Sorprenden las distintas varas de medir….
ME parece un insulto que hables así de entidades que tienen una larga trayectoria en la conservación de la naturaleza. Por otra parte y contestando a la pregunta te diré que hemos denunciado desde el principio las macromarchas de caminantes por el litoral salvaje desde Malpica a Fisterra. ]No sé dónde están éstas asociaciones de Ecologuais consintiendo una actividad de centenares (o incluso miles ) de personas (en un sólo día) que hacen lo mismo en A Costa da Morte (Red Natura 2000 y ZEPA). Quizá es que si el organizador está “bien relacionado” en la Xunta y en los concellos miran para otro lado. Sorprenden las distintas varas de medir….[/quote]
El incalificable programa de MACROmarchas con cientos de personas por A COSTA DA MORTE tienen a varias organizaciones como apoyo y a la Xunta de Galicia como facilitadora, incluso ha llegado ser presentada en FITUR, para sonrojo de los profesionales del ecoturismo y el senderismo guiado. Y lo último ha sido el incalificable acto de grabación de la ruta por parte de Google. La FGM y Turismo serán los responsables de lo que pueda pasar desde ahora, sí se declara la ruta GR y es promovida oficialmente por Turgalicia. #EcoturismoLugo.