Con motivo do seu décimo aniversario, a asociación ecoloxista Amigos da Terra organizou a Mesa-Debate “Participación cidadá e educación ambiental”  na que interviron RUBÉN CELA, director xeral de Xuventude e Voluntariado; MONTSE VALENCIA, asesora xurídica de Amigos da Terra e MIGUEL ARDELLAS, coordinador da Sociedade Galega de Educación Ambiental  (SGEA). Moderará a mesa  ANTÓN LOIS de Amigos da Terra. Esta actividade enmárcase nas  xornadas “10 anos de Propostas Sustentables” que se desenvolven do 27 de novembro ao 1 de decembro, nas cidades de Santiago de Compostela, Vigo e Ourense.

Fonte: clubinternacionaldeprensa.org