Desde a Comisión de Comercio Xusto da Coordinadora Galega da que forma parte Amigos da Terra estase a organizar un “Seminario de Financiamento Ético” que se levará a cabo o día 12 de novembro na Aula 1 do Edificio Xoana Capdevielle, Campus de Elviña, A Coruña. 

O obxectivo é presentar aos participantes alternativas solidarias que se esten levando a cabo desde Galicia, así como facer unha análise crítica da Banca tradicional e os efectos nas relacións Norte e Sur.

Para participar podes cubrir a ficha e enviala a seguinte enderezo de correo  sensibilizacion@galiciasolidaria.org