cualedro incendio

A carón do “Banco máis triste ” da Igrexa dos Mouros e moi preto da Pena Muller en pleno corazón do Larouco, imos comezar os traballos que minimicen os estragos co lume produciu neste verán. Queremos unha serra verde e con vida, elo precisa da nosa axuda.

Sairemos ás 10 da mañá do local social de Lucenza (Cualedro) entre outras accións organizaremos un pequeno obradoiro forestal para:

1.- Crear barreiras contra a erosión.
2.- Plantación e sementeira de árbores.
3.- Limpeza e arranxo dunha fonte.
4.- Limpeza e arranxo da área de lecer e da contorna da Pena Muller.
5.- Recollida de lixo.
6.- Limpeza de noiros e encauzamento das augas.
7.- Magosto na serra e xornada de convivencia.

Precisamos da túa axuda e colaboración.

O sábado día 7 podes axudarnos a facer este pequeno acto de desagravio a tan maltratada natureza, axudarnos ao comezo da restauración e recuperación da vida na serra.

Lembra levar comida e bebida para o xantar, ao magosto invitamos nós.

Para apuntarte chama aos teléfonos 988374318  ou envia un email a voluntariado.galicia@amigasdaterra.netEste enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Organiza: AA VV Lucenza  co apoio de Amigos da Terra

cualedro incendio