11218606 1671765496403204 8492541655032501276 nA Caravana Feminista da Marcha Mundial das Mulleres chega a Galicia e dende Amigos da Terra, queremos apoiar ás nosas compañeiras acompañándoas en parte do seu percorrido.

Farémolo visitando o proxecto de As Corcerizas e en Ourense na feira de troco de sementes, intercambiando experiencias e coñecementos cas mulleres de diferentes lugares sobre biodiversidade, agricultura local e alternativas na produción, distribución, consumo e preparación de alimentos.

O  obxetivo da Marcha Mundial das Mulleres coa Caravana Feminista como expresión da IV Acción Internacional e:

  • Contribuir á construcción dunha economía feminista baseada na solidaridade, unha economía que cambie os patróns actuais de produción e reprodución, distribución e consumo, e que recoñeza e aprecie o traballo doméstico e de coidados como algo esencial para a sustentabilidade da vida humana.
  • Visibilizar as opresións vividas polas mulleres, como a pobreza, a xenofobia e o racismo, a crecente perda e desposesión dos nosos dereitos, as prácticas de austeridade, o aumento do fascismo…..para conectalas e poder unir e fortalecer as nosas estratexias de resistencia e loita.
  • Compartir as alternativas de vida e de resistencia ao capitalismo e á realidade patriarcal, creadas por mulleres que a través das súas voces e as súas prácticas diarias traballan por un mundo mellor.

Na provincia de Ourense as actividades terán lugar o 8 e 9 de outubro e contarán coa participación de numerosas mulleres. Detallámolas a continuación:

8 DE OUTUBRO – VILAR DE BARRIO e ALLARIZ

11.00h Visita a As Corcerizas en Vilar de Barrio, un proxecto xestionado por Amigos da Terra – aliada internacional da Marcha Mundial das Mulleres- de vida sustentábel no que coñeceremos os diversos proxectos que permiten facer da instalación unha construción autosustentábel premiada internacionalmente.
12.00h Solta dun ave rapaz recuperada no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Alto do Rodicio nas Corcerizas.
14.00h Xantar colaborativo as Corcerizas, coa colaboración do Centro Social A Cambalhota de Allariz.
18.00h Encontro coas mulleres de Allariz no Fogar do Maior. Organizado coa colaboración do Concello de Allariz haberá un intercambio entre as experiencias das mulleres da Caravana Feminista e do rural galego. Ao remate haberá unha cea partillada en Allariz.


9 DE OUTUBRO – OURENSE

11.00h Benvida da Caravana Feminista na Praza Maior a través dun acto festivo, lúdico e reivindicativo cunha alfombra de sementes e actuación musical.
12.00h Encontro das Mulleres da Caravana que explicarán aos meios esta IV Acción Internacional.
14.00h Xantar colectivo na Praza de San Marcial
17.00h Encontro de Intercambio de Sementes na zona do Rianxo da Praza de Abastos nº1 de Ourense. Feira de intercambio de sementes autóctonas con produtoras e labregas locais. Ademáis haberá unha exposición da Marcha Mundial das Mulleres sobre a Soberanía Alimentaria e unha presentación do traballo das organizacións Marcha Mundial das Mulleres, Amigas da Terra e Grupo de Consumo Semente/Xurumelxs xunto con produtoras locais e veciñas que venden no Rianxo da praza.
20.00h Concerto de despedida da Caravana de Ourense no Café Cultural El Pueblo, nel participarán solidariamente con seu apoio e asistencia As da Chispa, The Tetas’Van e Transxenéricas.

Máis info:
 http://www.feminismo.info/webgalego/ivaccioninternacional/475-percorrido-da-carvana-en-galiza.html

Inscripción para a Caravana Feminista: Galiza e final en Portugal
http://www.feminismo.info/webgalego/ivaccioninternacional/476-inscripcion-para-a-caravana-feminista-galiza-e-final-en-portugal.html