Son 16 as primeiras familias  que dende esta semana  xestionan os seus propios residuos orgánicos no concello de Toén.

Coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Toén, Amigos da Terra da comezo a un novo programa de Compostaxe, aumentando así o número de persoas que xestionan o seus propios residuos orgánicos.

O proceso iniciciouse cunha reunión informativa da execución do proxecto e tamén formativa acerca do proceso de compostaxe cas partes implicadas no proxecto e os/as participantes seleccionados.

Dita reunión de participantes de compostaxe doméstica tivo lugar no Salón de Plenos do concello de Toén o pasado martes 21 de outubro. Trala formación efectuouse o reparto de material; composteiros e manuais de compostaxe, e os participantes asinaron un contrato de aceptación das condicións do proxecto.

 
O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar a os cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para elo repartiuse un composteiro de 420 litros a cada familia. Asimesmo, povíuselles dun manual para coñecer máis de preto o proceso e asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra.

A difusión do proxecto entre os cidadáns, así como a selección dos beneficiarios, estivo a cargo del Concello de Toén. Os requisitos para participar incluían o habitar nunha vivenda unifamiliar con parcela anexa cultivada , a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 16 familias participantes que cumplían estes requisitos.

Nas vindeiras semanas darán lugar as primeiras visitas de seguemento a cada familia.