Con estas Xornadas queremos debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida.

Podes consultar o programa pinchando aquí.

Contaremos con poñencias mais teóricas, onde falaremos sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos…

Completaremos este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal.

Agardamos que estas xornadas sexan do voso interese e animámosvos a que reenviedes esta información a calquer persoa ou colectivo que pensedes que poida estar interesado nas mesmas.