20150731 fondo galego rehabilitacion fontes augaO proxecto de auga e saneamento que Amigos da Terra leva a cabo en Nicaragua supera xa o seu ecuador. O pasado mes de xuño rematáronse as obras de rehabilitación das infraestructuras, polo que as comunidades do proxecto xa poden facer uso de pozos e outras fontes de auga comunitarias que se atopaban en malas condicións.

 

Doutra banda, continuouse o traballo nos viveiros, coas labores precisas que permitan posteriormente transplantar e reforestar as zonas de recarga natural das augas, reducindo os impactos das secas. Así pois, co apoio de voluntarios e voluntarias internacionais; homes, mulleres e xóvenes das comunidades rurais de El Volcán, Uniles, Los Copales, Santa Rosa e Aguas Calientes, sementaron dúas especies de árbores (marango e mandagual), realizaron tarefas de mantemento dos viveiros (rego, preparación e coidado da terra, control de maleza, etc) e programaron datas para a reforestación. Ademais, no Centro de Educación Alternativa Rural do INPRHU (socio local do proxecto) estase a producirse o abono orgánico que se mestura con substrato para plantar as árbores do viveiro.

Ademais de reforestar fontes de auga e mellorar as infraestructuras de auga potable das comunidades, o proxecto inclúe a construción de 3 bioxardineiras piloto en domicilios particulares para mellorar a depuración de augas grises domésticas. Tras decidir o deseño do modelo, no mes de xuño escolléronse os 3 puntos onde serán construidas as bioxardinerias e leváronse a cabo reunións con líderes comunitarios e as familias seleccionadas para explicar e mostrar os beneficios e manexo destes sistemas de depuración bilóxica que serán construídos nos seguintes meses.