waste raskas sailio enNestas semanas,  Amigos da Terra traballou con educadores e rapaces do Centro de menores de Monteledo na sensibilización sobre a necesidade dun cambio de modelo de xestión de residuos.

Traballouse a problemática ambiental global e aportáronse alternativas a poñer en marcha nas propias instalacións do centro.

Con estos obradoiros semanais, apoiamos a iniciativa do centro de implementar un sistema de reciclaxe dos residuos e ampliamos esta proposta implementando dinámicas de redución de residuos e de compostaxe en orixe da materia orgánica .  

Amigos da Terra alerta que, nunha sociedade na que cada persoa é responsable de 0.846 Kg de residuos ao día, a adopción de medidas como a redución, a reciclaxe e a compostaxe, son fundamentais para reducir o noso impacto ambiental.

Con este cambio de xestión, redúcese a cantidade de residuos que chegan diariamente a  vertedoiros e incineradoras, evítanse a extracción de toneladas diarias de recursos naturais, e redúcese o cambio climático.

Dende Amigos da Terra comprometémonos a continuar apoiando o traballo do Centro de menores,  proporcionando  asesoramento e seguemento do proceso e  garantindo a súa correcta consolidación.