
Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia vai a levar a cabo, por decimoquinto ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 220 persoas.
A iniciativa terá lugar entre os días 20 e 24 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.
Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.
Durante os cinco días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense:
LUNS 20 DE XULLO Unidade Móbil na Praza da Mariña- Av. de Santiago nº 30 De 15:30 a 21:00 h
MARTES 21 DE XULLO Barrio O COUTO, Unidade móbil na Rúa Vila Real ao carón do Colexio Santo Anxo das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.
MERCORES 22 DE XULLO Barrio O POSIO, na Rúa Coruña nº 10, esquina coa Rúa do Progreso, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.
XOVES 23 e VENRES 24 DE XULLO RUA DO PASEO. Unidade móbil no Paseo nº 37 De 09.30 ás 14.30 e de 15.30 ás 21.00 h
Ti tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra, achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña.
Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós:
Amigos da Terra
Telf: 988 374 318
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net