cartel dia internacional libre bolsas 03.07.2015Hoxe 3 de xullo, Amigos da Terra únese a outras organizacións internacionais como Gaia, Zero Waste ou a Fundación Catalá para a prevención de residuos e consumo responsable na celebración do Día Internacional sen bolsas .
Se ainda non te sumaches á cultura da redución de residuos, hoxe é un bo día para comezar. Non saias da casa xa sen a túa bolsa de tea, mochila ou cesta, estás axudando ao aforro de moitos recursos naturais e evitando unha gran xeración de residuos.

O uso da bolsa é un hábito tan presente na vida diaria de cada persoa, que apenas se cuestiona o despilfarro que supón. Con todo, necesítanse 12 millóns de barris de petróleo para producir os 100 billóns de bolsas que se consumen anualmente en España, sen sumar os impactos ambientais asociados á súa fabricación e transporte.

Como en anos anteriores, Amigos da Terra solicita a redución das bolsas de plástico, cunha vida media de 15 minutos e unha reciclaxe de tan so o 10% delas. Estas bolsas, no mellor dos casos, terminarán en vertedoiros ou incineradoras, desperdiciando así valiosos recursos naturais, ou aínda peor, abandonadas na natureza, onde tardarán entre 100 e 500 anos en descompoñerse.

Amigos da Terra celebra os pasos que se deron nos últimos anos, xa que un gran número de establecementos deixou de distribuír de xeito gratuíto as bolsas de plástico, convencendo así á cidadanía para reducir o seu consumo, ainda así, como declara María Durán, responsable da Área de Residuos da ONG: “ non debemos aceptar as falsas solucións como as bolsas biodegradables ou compostables, xa que o que se fai é desprazar o problema a outro recurso natural, pero mantendo o hábito de usar e tirar, a solución debe pasar pola cultura da redución e a reutilización”.

Ante a situación de crise ambiental global na que nos atopeamos, é imprescindible un cambio de modelo e abandoar calquera hábito de usar e tirar, apostar pola durabilidade dos produtos e cambiarse ó lado da redución de residuos.

Non saias da casa sen a túa bolsa de tea, mochila ou cesto, reduces residuos e evitas o malgasto de recursos naturais valiosos que cada vez é máis preciso preservar.