Hoxe xoves, no Concello de Fisterra, coa formación inicial e o reparto de materiais, damos comezo ao primerio programa de compostaxe doméstica descentralizada no municipio.
A preocupación do Concello de Fisterra polo crecente aumento de toneladas de residuos orgánicos nos vertedoiros, levou ao mesmo a plantexar esta iniciativa de compostaxe, ou proceso de descomposición da materia orgánica, de xeito controlado.
Dada a experiencia da organización Amigos da Terra neste eido, e a súa dilatada traxectoria en proxectos de compostaxe doméstica, para a realización deste proxecto, solicitouse a colaboración da asociación, nas tarefas de formación, seguemento e avaliación dos participantes.
O proxecto, que durará 8 meses, arranca hoxe coa fase formativa dirixida a todas as familias participantes. Dende agora e durante o verán, as técnicas de Amigos da Terra visitarán cada unha das familias participantes, co fin de facer un seguemento riguroso do proceso, ó longo destes oito meses e garantir a redución de residuos e a obtención de un compost de calidade.
O único requisito para formar parte deste programa é, ser veciño/a do Fisterra, ter un pequeno xardín ou horta e estar disposto e motivado a formar parte deste proxecto educativo e formativo.