pemento tranxnicosAmigos da Terra, xunto a máis de 30 organizacións de ecoloxistas, agricultores e consumidores, denuncia que a autorización por parte da Comisión Europea da entrada en Europa de 17 cultivos modificados xeneticamente destinados á alimentación, pode supoñer unha grave ameaza para a seguridade alimentaria na UE. Unha decisión apresurada, tomada o pasado 24 de abril, que non ten en conta a recente clasificación do glifosato como “probable canceríxeno”, nin a oposición de varios gobernos á súa autorización, e que só pode entenderse como concesión ás presións da industria nas negociacións do TTIP.

Esta decisión da Comisión Europea resulta tremendamente inoportuna por dúas razóns fundamentais. A primeira concirne ao proceso de aprobación, e vén a confirmar o lamentable déficit democrático da Unión Europea no que respecta ao procedemento de autorización de transxénicos. O procedemento actual permite á Comisión dar luz verde a un novo organismo modificado xeneticamente (OMX) se non hai acordo no seo do Consello -é dicir, mesmo se unha maioría de Estados membro se opón á súa aprobación. De feito, a práctica totalidade dos transxénicos autorizados na Unión Europea foron aprobados pola Comisión facendo uso desta prerrogativa. Sorprende non obstante que a decisión adoptada o venres pasado, que pon termo a un período de 17 meses sen ningunha nova autorización, se realice xustamente aos 2 días de terse publicado unha proposta de nova normativa da Comisión supostamente encamiñada a corrixir este déficit democrático.

A segunda razón refírese ao feito de que a Comisión non tivese en conta que o 20 de marzo a Organización Mundial da Saúde, Axencia Internacional de Investigación do Cancro, declaraba o herbicida glifosato”probable carcinóxeno, incluíndo este produto entre aqueles cuxo consumo convén evitar (Categoría 2A). Isto debería ter levado de inmediato á paralización do proceso de aprobación de todos os OMX resistentes a este herbicida, e mesmo á revogación das autorizacións concedidas anteriormente.

transxenicos70Dáse a circunstancia de que dos 17 OMX con destino alimentario autorizados o venres pasado pola Comisión, 15 son resistentes a herbicidas dos que 8 son resistentes ao glifosato. Os cultivos transxénicos resistentes aos herbicidas implican unha maior presenza de residuos químicos tóxicos nos alimentos. No caso do glifosato, a introdución deste tipo de cultivos supuxo que se incrementasen os límites máximos de residuos deste herbicida permitidos na alimentación.

Ademais, varios dos novos OMX autorizados pola Comisión teñen trazos “combinados”, é dicir incorporan varios carácteres transxénicos (tolerancia a un ou varios herbicidas e resistencia a pragas) nunha mesma planta. Estes OMX foron desenvolvidos pola industria en resposta á proliferación de super-pragas e de malas herbas resistentes aos agroquímicos utilizados nos cultivos transxénicos. O seu cultivo supón unha preocupante fuxida cara a adiante, e aumenta a dependencia de agroquímicos tóxicos que pasan aos nosos alimentos. En consecuencia, a súa importación con fins alimentarios resulta enormemente preocupante dende o punto de vista da saúde. Por se fose pouco, na avaliación destes produtos non se tiveron en conta os efectos sinérxicos que poderían producirse ao combinarse varios destes trazos (e herbicidas) nunha mesma variedade.

TTIP Postcard - Popcorn CaptionGalician-GalegoOs negociadores europeos afirmaron por activa e por pasiva que os transxénicos quedarían fóra das negociacións do Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos (TTIP). Non obstante, a decisión adoptada pola Comisión o 24 de abril é un claro xesto aos intereses das multinacionais e o Goberno estadounidense, que fan presión para conseguir a apertura dos mercados europeos aosOMX, a pesar de que a maioría da poboación europea oponse a estes produtos.

Neste contexto, esta decisión resulta moi oportuna: trátase dunha importante concesión que coincide coa apertura da novena rolda de negociacións doTTIP. Este feito constitúe un claro indicio de que a Comisión Europea pregouse ás presións da poderosa industria biotecnolóxica e agroalimentaria (incluída a química), sacrificando ás esixencias do libre comercio o dereito a unha alimentación saudable para as persoas e á soberanía alimentaria dos pobos.

Organizaciones, grupos e colectivos asinantes:

Amigos de la Tierra, Aragón Sin Transgénicos y hacia la Soberanía Alimentaria, Ecologistas en Acción, CERAI, Confederación de Consumidores y Usuarios (CECU), Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG), Greenpeace, ISF-Valéncia, Periféries, Red de Semillas, SEAE e membros da Plataforma Rural e da Plataforma por la Soberanía Alimentaria del País Valenciá así como a Plataforma por una Andalucía Libre de Transgénicos (PALT)