Foro Internacional Agroecoloxia 2015O pasado mes de febreiro realizouse por primeira vez un Foro Internacional sobre Agroecoloxía, convocado pola Vía Campesiña Internacional, que contou coa participación de delegados de movementos de pequenos produtores e produtoras de todo o mundo. A continuación, achegamos parte da Declaración Final, que recolle algún dos elementos clave para a definición e defensa da Soberanía Aimentaria a nivel global.

DESAFIANDO UNHA MULTITUDE DE CRISES

A agroecoloxía ofrece a resposta a cómo transformar e corrixir as nosas realidades nun sistema alimentario e un mundo rural devastados pola produción alimentaria industrial e as súas chamadas Revolucións Verde e Azul. Entendemos a agroecología como unha forma clave de resistencia a un sistema económico que antepón a ganancia á vida.

A sobreproducción de alimentos do modelo corporativo nos envenena, destrúe a fertilidade do solo é responsable da deforestación das áreas rurais, a contaminación da auga, a acidificación dos océanos e o esgotamento dos caladoiros de pesca. Os recursos naturais esenciais foron mercantilizados e os custos de produción en aumento están a expulsarnos das nosas terras. As sementes campesiñas son roubadas, revendidas aos propios campesiños a prezos desorbitados, xa en forma de variedades seleccionadas para depender de agrotóxicos custosos e contaminantes. O sistema alimentario industrial é un potenciador clave das múltiples crises do clima, alimentaria, ambiental, de saúde pública e outras. O libre comercio e os acordos corporativos de investimento, de resolución de controversias entre Estados e investidores, e as falsas solucións como os mercados de carbono e a crecente financiarización da terra e os alimentos, etc., contribúen no seu conxunto a agravar aínda máis estas crises. A agroecoloxía nun marco de soberanía alimentaria ofrécenos transitar unha senda colectiva para saír destas crises.

A AGROECOLOXÍA ANTE UNHA ENCRUCILLADA

As solucións reais ás crises do clima, da malnutrición, etc., non pasan por conformarnos co modelo industrial. Debemos transformalo e construír os nosos propios sistemas alimentarios locais que crean novos vínculos urbanos e rurais baseados na produción alimentaria xenuinamente agroecolóxica por parte dos campesiños, pescadores artesanais, pastoralistas, pobos indíxenas, agricultores urbanos, etc. Non podemos permitir que a agroecología sexa unha ferramenta do modelo de produción alimentaria industrial: entendémola como a alternativa esencial a ese modelo e como o medio de transformar a maneira en que producimos e consumimos os alimentos en algo mellor para a humanidade e a nosa Nai Terra.

OS NOSOS ALICERCES E PRINCIPIOS COMÚNS DA AGROECOLOXÍA

As prácticas de produción agroecolóxicas (como os cultivos intercalados, a pesca tradicional e o pastoreo de transhumancia, a integración de cultivos, árbores, animais e peces, os abonos verdes, a compostaxe, o uso de sementes campesiñas e razas locais de gando, etc.) baséanse en principios ecolóxicos como a preservación da vida do solo, a reciclaxe dos nutrientes, a xestión dinámica da biodiversidade e a conservación da enerxía en todas as escalas. A agroecoloxía reduce drasticamente a utilización de insumos adquiridos externamente que deben comprarse á industria. Así mesmo, non se empregan agrotóxicos, hormonas artificiais, transxénicos ou outras novas tecnoloxías perigosas.

Os territorios son un alicerce fundamental da agroecoloxía. Os pobos e as comunidades teñen o dereito de conservar as súas propias relacións espirituais e materiais coas súas terras. Están lexitimados a garantir, desenvolver, controlar e reconstruír as súas estruturas sociais consuetudinarias e administrar as súas terras e territorios, incluíndo os caladoiros de pesca, tanto desde o punto de vista político como social. Iso implica o pleno recoñecemento das súas leis, tradicións, costumes, sistemas de tenencia e institucións e constitúe o recoñecemento da autodeterminación e a autonomía dos pobos.

Os dereitos colectivos e o acceso aos bens comúns son alicerces esenciais da agroecoloxía. Compartimos o acceso aos territorios que constitúen o fogar dunha gran diversidade de grupos cos mesmos dereitos colectivos, e dispomos de sofisticados sistemas consuetudinarios para regular o acceso que queremos conservar e reforzar e para evitar conflitos entre nós.

Os diversos saberes e as formas de coñecemento dos nosos pobos son parte fundamental da agroecoloxía. Desenvolvemos os nosos coñecementos a través do diálogo de saberes. Os nosos procesos de aprendizaxe son horizontais e entre iguais, baseados na educación popular.

As familias, comunidades, colectivos, organizacións e movementos representan o solo fértil no que xermina a agroecoloxía. A autoxestión e as accións colectivas son as que permiten escalar a agroecoloxía, construír sistemas alimentarios locais e desafiar o control corporativo do noso sistema alimentario. A solidariedade entre os pobos e entre as poboacións rurais e urbanas é un ingrediente imprescindible.

A autonomía inherente na agroecoloxía reverte o control dos mercados mundiais e promove a autogobernanza das comunidades. Minimizamos así a utilización de insumos adquiridos de fóra. Iso require reconfigurar os mercados para que se baseen en principios de economía solidaria e na ética da produción e o consumo responsables. Promovemos as cadeas de distribución curtas, directas e xustas. Implican unha relación transparente entre os produtores e consumidores que se asenta na solidariedade dos riscos e beneficios compartidos.

A agroecoloxía é política, esíxenos desafiar e transformar as estruturas de poder na sociedade. Debemos pór en mans dos pobos que alimentan o mundo o control das sementes, a biodiversidade, a terra e os territorios, a auga, os saberes, a cultura e os bens comúns.

As mulleres e os seus saberes, valores, visión e liderado son críticos para avanzar. A migración e a globalización contribúen a que o traballo das mulleres se incremente e con todo teñen un acceso moito máis limitado aos recursos que os homes. Moi a miúdo o seu traballo non é valorado nin recoñecido. Para que a agroecoloxía alcance o seu pleno potencial, debe garantirse a distribución equitativa de poder, tarefas, toma de decisións e remuneración.

Os mozos xunto coas mulleres representan unha das dúas bases sociais principais para a evolución da agroecoloxía. A agroecoloxía pode facilitar un espazo radical para a achega dos mozos á transformación social e ecolóxica que ten lugar en moitas das nosas sociedades.

ESTRATEXIAS

I. Promover a produción agroecolóxica a través de políticas que:

1. Sexan territoriais e holísticas no seu enfoque dirixido ás cuestións sociais, económicas e relativas aos recursos naturais.

2. Garantan o acceso á terra e os recursos para alentar o investimento a longo prazo por parte dos pequenos produtores de alimentos.

3. Aseguren un enfoque inclusivo e responsable na xestión dos recursos, a produción alimentaria, as políticas de adquisicións públicas, as infraestruturas urbanas e rurais e a planificación urbana.

4. Promovan procesos de planificación descentralizados e a democratización auténtica na colaboración cos gobernos e autoridades locais relevantes.

5. Apoien regulamentacións sanitarias e de saúde apropiadas que non discriminen aos pequenos produtores e procesadores de alimentos que practican a agroecoloxía.

6. Integren os aspectos nutricionais e de saúde da agroecoloxía e o medicamento tradicional.

7. Garantan o acceso dos pastoralistas aos pastos, as rutas de transhumancia e as fontes de auga así como aos servizos móbiles de saúde, educación e coidados veterinarios compatibles coas prácticas tradicionais nas que se basean.

8. Aseguren os dereitos consuetudinarios ao acceso aos bens comúns e que garantan políticas relativas ás sementes que velen polos dereitos colectivos dos campesiños e os pobos indíxenas a utilizar, intercambiar, obter, seleccionar e vender as súas propias sementes.

9. Atraian e apoien aos mozos para que participen na produción agroecolóxica de alimentos facilitándolles o acceso aos recursos naturais e á terra e garantindo un ingreso xusto e o intercambio e a transmisión de saberes.

10. Apoien a produción agroecolóxica urbana e periurbana.

11. Protexan os dereitos das comunidades que practican a caza silvestre e a recolección nas súas áreas tradicionais –e contribúan á recuperación ecolóxica e cultural da abundancia orixinal dos seus territorios.

12. Garantan os dereitos das comunidades pesqueiras.

13. Apliquen as Directrices sobre a Tenencia do Comité de Seguridade Alimentaria Mundial (CFS) e as Directrices para a Pesca Artesanal da FAO.

14. Desenvolvan programas que velen polo dereito dos traballadores rurais a unha vida digna, incluíndo a posta en marcha dunha auténtica reforma agraria, e a formación en agroecoloxía.

II. Intercambiar saberes

III. Recoñecer o papel central da muller

IV. Instaurar economías locais

V. Divulgar e dar máis a coñecer a nosa visión da agroecoloxía

VI. Forxar alianzas

VII. Protexer a biodiversidade e os recursos xenéticos

VIII. Arrefriar o planeta e adaptarse ao cambio climático

IX. Denunciar e loitar contra a apropiación corporativa e institucional da agroecoloxía

Consulta a Declaración Final completa