Hoxe 28 de abril o Parlamento Europeo aprobou unha nova lexislación que limita o uso de cultivos para producir combustibles. Os europarlamentarios recoñeceron que os agrocombustibles poden competir coa produción de alimentos, contribuír ao cambio climático e forzar cambios nos usos do chan. Amigos da Terra considera que esta decisión irá poñendo fin ao uso dos agrocombustibles.
O Parlamento Europeo impuxo un novo límite á porcentaxe de uso de agrocombustibles permitidos no transporte dun 7%. Ao ser Europa o maior consumidor de diesel de orixe agrícola, como o aceite de palma, a soia ou a colza, o voto ten implicacións globais, sobre todo para aqueles países exportadores como Indonesia, Malaisia ou Arxentina. Esta votación probablemente supoña o final da expansión do uso de cultivos alimentarios como combustibles.
A produción e o consumo de agrocombustibles creceu exponencialmente entre 2008 e 2009 cando dúas directivas europeas, a de Renovables e a Calidade dos Combustibles incluíron obxectivos vinculantes do 10% do combustible provenientes de fontes supostamente “renovables”. Neste contexto, o obxectivo anterior era dun 8,6% para 2020, que se reduciu a un 4,7%. O límite aprobado hoxe trátase dun recoñecemento dos agrocombustibles como agravantes do cambio climático. Nesta liña, a Unión Europea deixa liberdade aos estados membros para baixar o límite do seu uso, se así o deciden.
“Estos combustibles hacen más daño que bien al clima y las personas. La Unión Europea por fin empieza a frenar los agrocombustibles y reconoce frente al resto del mundo que no son una solución al cambio climático. Esta decisión pone fin a una década de debates sobre el impacto de los agrocombustibles, que han ocasionado hambre, aumento en el precio de los alimentos y acaparamiento de tierras” sinalou Alejandro González, responsable da área de clima e enerxía de Amigos da Terra para España.
A UE tivo que retractarse nas súas políticas sobre agrocombustibles, o que debería ser unha lección para os demais países que están a pensar en incrementar o uso destes combustibles. Hai 64 países no mundo que aumentaron ou están a pensar en aumentar o seu uso para o transporte, entre eles recentemente Indonesia.
Amigos da Terra insta os países da EU a que poñan fin á produción de agrocombustibles a partir de alimentos.
Que acordou a Unión Europea:
- Limitar o uso de agrocombustibles para o transporte a un 7%, deixando liberdade aos estados membros para baixalo aínda máis. O obxectivo anterior era dun 8,6% para 2020, dende o 4,7% actual.
- As emisións indirectas de GEI (gases de efecto invernadeiro) debido á expansión deagrocombustibles serán vixiadas anualmente pola Comisión Europea e os produtores. Isto mellorará a transparencia da produción.
- Os Estados Miembros deben apoiar un obxectivo non vinculante do 0,5% dos “combustibles avanzados” derivados dos residuos agrícolas, forestais ou domésticos aínda que con certas salvagardas ambientais.
Antecedentes:
A produción e o consumo de agrocombustibles creceu exponencialmente entre 2008 e 2009 cando dúas directivas europeas, a de Renovables e a Calidade dos Combustibles incluíron obxectivos vinculantes do 10% do combustible provenientes de fontes “renovables”. Amigos da Terra opúxose ao devandito obxectivo. En 2012 a Comisión Europea propuxo reverter a lexislación en resposta á evidencia do impacto dos agrocombustibles sobre o cambio climático, mesmo peor que o dos combustibles fósiles. A proposta dun límite do 5% inicial ampliouse ao 6% polo Parlamento Europeo e ao 7% polos Estados Miembros, que se acaba de votar.