A nova proposta de Regulamento sobre importación de organismos modificados xeneticamente (OMX) da Comisión Europea desmente as súas afirmacións de que non se pregará ás presións de EUA sacrificando preocupacións ambientais e de saúde en prol do libre comercio.
A Comisión Europea afirmou reiteradamente que os transxénicos quedarían fóra das negociacións do Tratado de Libre Comercio con Estados Unidos (TTIP), e que este acordo en ningún caso poñería en perigo a seguridade dos alimentos na Unión Europea. Non obstante, a proposta de normativa da Comisión de 22 abril 2015 constitúe un claro intento de axilizar a entrada de OMX na Unión Europea, e elimina dun plumazo a posibilidade de que os gobernos poidan prohibir a entrada deste tipo de produtos no seu territorio por razóns ambientais ou de seguridade alimentaria. A proposta de Regulamento da Comisión preséntase como un avance na “democratización” das decisións europeas sobre importación de OMX, pero en realidade supón un claro retroceso encamiñado a axilizar o proceso europeo de autorización. O máis grave, non obstante, é que elimina a posibilidade de que os países se acollan á cláusula de salvagarda que permitiu aos gobernos ata agora responder ás lexítimas preocupacións cidadás por cuestións de saúde e medio.
O proceso de autorización de OMX na Unión Europea permite á Comisión dar luz verde a un produto modificado xeneticamente en caso de falta de acordo do Consello. A Comisión utilizou de forma sistemática esta prerrogativa, aprobando novos OMX sen ter en conta as obxeccións dos gobernos e da cidadanía europea. A proposta de Regulamento da Comisión recoñece este déficit democrático e propón cambiar as normas existentes, eliminando da regulación comunitaria a citada cláusula de salvagarda e permitindo en cambio aos países prohibir o uso de OMX con fins alimentarios. Todo iso coa escusa de devolver aos países a súa capacidade decisoria.

Á primeira vista, isto parecería positivo. pero non é así cando se analiza a letra pequena. A nova normativa nin sequera menciona o principio de precaución e non permitirá en ningún caso aos gobernos alegar razóns ambientais nin de saúde para prohibir un OMX no seu territorio. Ademais, establece claramente que toda prohibición estará supeditada a unhas normas internacionais comerciais (sobre non discriminación ás importacións, por exemplo), que na práctica dificultarán enormemente calquera decisión neste sentido. De aprobarse, de feito, a proposta de Regulamento consolidaría un proceso de autorización cuxa decisión última se subtrae ao control democrático, e que outorgaría maior peso decisorio aos ditames da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), cuxos conflitos de interese foron criticados duramente polo Parlamento Europeo.
Paralelamente, a Comisión está a considerar a posibilidade de aprobar nos próximos días a entrada na Unión Europea de 17 novos OMX para consumo humano ou animal. Os novos OMX inclúen variedades de millo e de soia tolerantes a distintos herbicidas, incluído o glifosato, clasificado recentemente pola Organización Mundial da Saúde como probable canceríxeno. Tamén está previsto renovar a autorización do NK-603, un millo transxénico cuxa aprobación en 2007 foi moi controvertida, ao revelarse a existencia de datos que suxerían a súa posible toxicidade.

A Comisión podería dar luz verde así mesmo nos próximos días á entrada en Europa de varios OMX dos denominados de trazos “combinados”, que incorporan varios carácteres transxénicos. Estes OMX foron desenvolvidos pola industria en resposta á proliferación de super-pragas e de malas herbas resistentes aos pesticidas utilizados nos cultivos transxénicos, e acrecientan a dependencia agrícola de agroquímicos tóxicos e a súa acumulación nos alimentos.
Por outra parte, na avaliación destes produtos non se tiveron en conta os efectos sinérxicos que poderían producirse ao combinarse varios destes trazos nunha mesma variedade. Todas estas propostas veñen sendo consideradas en Bruxelas dende hai algún tempo. Pero resulta significativo o feito de que a Comisión axilice a súa tramitación xustamente coincidindo co inicio da 9º rolda de negociacións do TTIP en Nova York, e seguramente esta coincidencia non é casual. Ata agora, un proceso máis rigoroso e lento de autorización na Unión Europea supuxo a perda dun importante mercado para as exportacións agrícolas máis importantes de EUA (a soia e o millo), polo que abrir os mercados europeos ás exportacións estadounidenses de transxénicos é un dos obxectivos das negociacións do TTIP. Trataríase, nin máis de menos, dunha mostra de boa vontade por parte da Comisión Europea, que se prega ás demandas de Estados Unidos -e da propia agroindustria europea- no que respecta a regulación e aprobación de OMG.
A proposta de Regulamento deberá someterse aínda a un longo proceso de debate e aprobación por parte do Parlamento e do Consello Europeo. Por todo iso, as organizacións asinantes reclaman a retirada da proposta de normativa sobre autorización de transxénicos con destino alimentario (e pensos), e esixen á Comisión que cumpra as súas promesas de democratización e non sacrifique a soberanía alimentaria, a saúde dos cidadáns e o medio ás esixencias do libre.comercio.
Organizaciones, grupos y colectivos firmantes:
Plataforma Rural
ACSUR-Las Segovias; Amigos de la Tierra;Centro de Estudios Rurales y de Agricultura Internacional (CERAI); ColectivoTierra de Campos; Colectivos de Acción Solidaria (CAS); Confederación Española de Consumidores y Usuarios (CECU); Coordinadora de Organizaciones deAgricultores y Ganaderos (COAG); Ecologistas en Acción; Emaús Fundación Social;Entrepueblos; Fundación Global Nature; GRAIN; Movimiento de Jóvenes Rurales Cristianos; Movimiento Rural Cristiano; Mundubat; Perifèries; Sindicato deObreros del Campo (SOC-SAT); Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE);SODePAZ; Universidad Rural Paulo Freire (URPF); Justicia AlimentariaGlobal-VSF; Xarxa de Consum Solidari
Campaña NO al TTIP
Aragón sin Transgénicos y hacia la Soberanía Alimentaria
ASAP-Cat
Plataforma per la Sobirania Alimentària del País Valencià
Les Reperes Motivades
Plataforma Andalucía Libre de Transgénicos
Red de Semillas