Amigos da Terra, xunto con ADEGA, APDR( asociacion pola defensa da ría), CEMMA, Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia, envían as súas “propostas para o desenvolvemento de actuacións políticas sustentables a nivel local” ás formacións candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.
Hoxe, día da Terra, o movemento ecoloxista galego presenta “Un Programa pola Terra” , documento que engloba unha serie de propostas para que as diferentes organizacións políticas as integren na súa acción de goberno ou de oposición nos diferentes concellos de Galicia.
O vindeiro 20 de maio celebraranse eleccións municipais en Galicia. Coa presentación deste documento as organizacións ecoloxistas máis representativas do ámbito galego, queremos salientar a importancia crucial dos concellos á hora de realizar actuacións tendentes a acadar un modelo ecoloxicamente sustentable no noso país.
Debido á enorme magnitude da crise ambiental global, causada por un modelo social inxusto que explota de xeito ilimitado o noso planeta finito (os seus recursos materiais e as súas formas de vida), perceptible, entre outros moitos factores, no cambio climático da Terra e na perda a pasos de xigante de biodiversidade, consideramos preciso e urxente un cambio profundo nas políticas desenvolvidas polas Administracións Municipais: ben por posuír un alto grao de implicación na xestión ambiental a nivel local, ben pola súa estreita relación e proximidade coa cidadanía.
Estas eleccións supoñen unha grande oportunidade para que tódalas organizacións políticas se comprometan a que os Concellos muden as súas insostibles políticas na súa contorna de actuación, reflexionando arredor dos efectos que sobre o global teñen tamén as súas accións no ámbito local.
Para iso, as organizacións ecoloxistas asinantes achegamos este “Programa pola Terra”, cunha serie de propostas concretas, factibles e realistas destinadas a ser aplicadas en calquera municipio e permitir a transformación das nosas sociedades.
Este documento contén dez propostas, que permitirían a transformación que a actual crise ambiental require. Están baseadas en catro principios básicos:
- O actual modelo económico e social é inxusto e insostible.
- É necesario un compromiso de cambio de dimensións estratéxicas.
- Participación e transparencia non poden quedarse só en verbas.
- Cumprimento da lexislación ambiental.
1O MEDIDAS PARA CAMIÑAR CARA Á SUSTENTABILIDADE NOS CONCELLOS
- Integrar enerxía, mobilidade e contaminación
- Protexer os espazos naturais, a flora e a fauna
- Implantar unha nova cultura da auga
- Aplicar unha política de ordenación do territorio que limite drasticamente o crecemento urbanístico e defenda a costa
- Apostar pola redución, a reciclaxe e a compostaxe dos residuos sólidos urbanos
- Defender a soberanía alimentar e apoiar ao sector primario para manter un mundo rural e mariñeiro vivos
- Recoñecer a importancia dos coidados básicos para a vida, o papel das mulleres neles e facilitar novos esquemas de xénero ao respecto
- Avanzar na participación cidadá cara unha democracia participativa real
- Facer unha reforma verde do sistema fiscal local e impulsar unha contratación pública verde
- Afortalar a cooperación internacional para o desenvolvemento sustentable
Aquí podes descargar o documento completo.
Pero a nosa organización ten moito que dicir respecto tamén a outros temas e participou moi activamente na elaboració do documento de propostas para as eleccións municipais da Coordenadora de ONG para o Desenvolvemento, da que formamos parte, para a
Dado que tamén hai concurrencia electoral para os parlamentos de diversas CC.AA. a nosa organización a nivel estatal neste mesmo sentido tamén construiu outro programa de propostas para as eleccións autonómicas e municipais xunto coas outras grandes organizacións ecoloxistas (Ecologistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF) que tamén se presentou no día de hoxe. Podes acceder a información sobre esta presentación ou ler o documento completo.
A data é o 24 de maio!
Moi boas propostas.
Xa está corrixido. Grazas!