charla FECSA hixiene manipulacion alimentos nicaragua 2015Avanza o traballo coas comunidades no proxecto de mellora no acceso ao auga en Nicaragua. Durante o pasado mes de marzo celebráronse 7 xuntanzas con xóvenes, nais de familia e líderes comunitarios das comunidades de Uniles, Los Copales, Aguas Calientes e El Volcán; para tratar as temáticas de “Familia, Escuela y Comunidad Saludable”.

Estas charlas, coñecidas como metodoloxía FECSA en Nicaragua, promove cambios de comportamento e bos hábitos de hixiene, saúde e relación co medio ambiente en familias rurais.

Doutra banda, avanzouse no diagnóstico comunitario sobre o estado das infraestructuras de auga comunitaria. Así pois, identificáronse en cinco comunidades as principais necesidades para mellorar o acceso e a calidade da auga, tales como a rehabilitación de pozos e unidades sanitarias; e organizáronse reunións de coordinación para definir roles e plans de traballo a para desenvolver as obras de melloramento de infraestrutura que serán realizadas. Ademais, na comunidade de El Volcán realizouse xa unha xornada de traballo conxunta para abrir as gabias para a instalación de auga potable.

No tocante á reforestación das fontes de auga, durante o mes de marzo avanzouse, mediante a preparación das bolsas de viveiro e a sementeira das especies seleccionadas para plantar, nos meses de maio e xuño, nas áreas de recarga seleccionadas.

Por último, de cara á implantación do sistema de depuración de augas grises domiciliares, leváronse a cabo 2 xiras de intercambio de experiencias, unha no Municipio de León (onde están instaladas bioxardineiras) e outra no Municipio de Telpaneca (onde existe outra experiencia diferente de tratamento de augas grises), coñecendo así dous tipos diferentes sistemas. Deste xeito, o equipo técnico do INPRHU Somoto adquiriu información acerca de custos, tipo de materiais, funcionamento e mantemento das obras; ademais encontraron vantaxes e desvantaxes en ambas as dúas experiencias.

Aínda que se iniciou xa a selección dos lugares onde se poderían instalar os sistemas de biodepuración, debará agardarse á finalización da sistematización para poder elixir os lugares e contextos máis axeitados para a tecnoloxía que se instalará.