O 17 de abril de 1996, 19 persoas campesiñas morreron por balas da policía militar brasileira cando se manifestaban polo dereito a dispoñer de terra que cultivar para a soberanía alimentaria do seu pobo. Desde entón, ano tras ano, nestas datas as organizacións que traballamos pola Soberanía Alimentaria, entre elas Amigos da Terra, mobilizámosnos/mobilizámonos en defensa de quen, como aquelas persoas, coidan a terra para producir alimentos.
Este ano 2015, como moitos outros movementos, desde a Plataforma Rural e as Alianzas pola Soberanía Alimentaria dos Pobos, queremos sumarnos á denuncia das negociacións que, á marxe da cidadanía e dos nosos representantes políticos, estanse levando a cabo para asinar un tratado de libre comercio entre EEUU e a Unión Europea (TTIP nas súas siglas en inglés). Xa coñecemos os resultados de tratados similares noutros lugares. En México, o tratado de libre comercio cos EEUU e Canadá (NAFTA), levou a que o país converteuse en importador de millo industrial a prezos moi baixos, debilitando severamente o tecido rural e poñendo en perigo a enorme biodiversidade de millo local, base de toda a súa cultura. En Colombia, o tratado de libre comercio con Europa permitiu a entrada de leite da industria europea, destruíndo en boa medida ao sector lácteo local. Con estes antecedentes, vai poder resistir a nosa agricultura de pequena escala á agroindustria estadounidense? A resposta é clara, NON .
Neste tratado hai gañadores e perdedores. O obxectivo do TTIP é eliminar toda barreira comercial para poder exportar calquera tipo de produto, e iso tradúcese en rebaixar as normativas de seguridade, de protección e de dereitos humanos . Quen perde? Toda a cidadanía, europea e estadounidense, perdendo dereitos, seguridade e soberanía quenes gañan, as grandes empresas e multinacionais, as cales lograrían unha lexislación ao seu antoxo.
De feito, as normas que na UE regulan a presenza de transxénicos, máximo exponente do modelo agroindustrial, veríanse afectadas polo TTIP. O principio de precaución, o etiquetado de tranxénicos ou o proceso de autorización de cultivos e alimentos modificados xenéticamente son ferramentas que, aínda que insuficientes, serviron para que os tranxénicos non se estendan sen control por Europa, sendo só o Estado español o lugar onde a súa presenza é, lamentablemente, significativa . Pero os tranxénicos sabemos que son alimentos dos que existen evidencias suficientes que mostras as incertezas, riscos e perigos que entraña o seu uso na agricultura e a alimentación .
A estas preocupacións globais hai que engadir todas aquelas que afectan ao modelo de agricultura campesiña e de vida rural na escala máis local. Son moitos os pobos desde onde se está defendendo a xestión dos bens comuns fronte á coñecida como Lei Montoro, os movementos que denuncian o ataque ao territorio da minería ou o fracking ou as numerosas iniciativas que fan fronte ao crecente poder dos supermercados con canles alternativas de comercialización.
Pero, como todos os compañeiros e compañeiras da Vía Campesiña, hoxe 17 de abril reivindicamos e ofrecemos esta vía campesiña, este xeito de pensar e facer o mundo, con alimentos propios, cultivados na nosa terra e polas nosas mans, en harmonía coa natureza que nos acolle, como unha alternativa -xunto a moitas outras- de esperanza a unha sociedade capitalista sen máis resposta que outro xiro nos seus propósitos xenocidas.