20150316 fondo galego preparacion viveiros fontes augaAmigos da Terra deu comezo ás actividades programadas no proxecto de auga e saneamento que está a executar, xunto con INPRHU-Somoto, en cinco comunidades dos municipios de Somoto e San Lucas (Nicaragua). O proxecto, financiado polo Fondo Galego de Cooperación, pretende mellorar a calidade de vida das comunidades beneficiarias, promovendo o coidado e a xestión eficiente e sustentable das fontes de auga comunitarias.

Para isto, ademais de rehabilitar as infraestructuras existentes, reforestar as fontes de auga e capacitar ás comunidades en temas de auga e saneamento ambiental; se establecerán en varios fogares un sistema de depuración de augas grises mediante filtros biolóxicos que permitirán reutilizar o auga en regos e outras actividades domésticas.

Durante os meses de xaneiro e febreiro deste ano incia?onse xa algunhas destas liñas de traballo:

  • Desenvolvéronse catro talleres con voluntariado e líderes comunitarios sobre a Lei de Auga e o establecimento de viveiros.
  • Iniciouse o levantamento de enquisas nas comunidade de Aguas Calientes, El Volcán e Santa Rosa, para coñecer a situación actual da poboación destas comunidades considerando as necesidades de auga e saneamento, saúde, reforestación etc.
  • Celebráronse 15 reunións con líderes das comunidades de Uniles, El Volcán, Santa Rosa, Aguas Calientes e Los Copales, identificando os lugares onde se levarán a cabo obras de mellora e rehabilitación de pozos e fontes de auga (nas que participarán directamente as comunidades) e os talleres de capacitación que serán desenvoltos proximamente.
  • Definiuse o establecemento dun viveiro central na comunidade de Aguas Calientes, nun lugar onde se dan as condicións axeitadas de seguridade, acceso á auga e protección das plantas; e se organizaron días de traballo de todas as comunidades atendidas polo proxecto, coa idea de establecer especies que estean listas de transplante no inicio do mes de maio, cando inicie o inverno.
  • Planificouse unha xira de intercambio do equipo técnico para coñecer experiencia de bioxardineiras, para coñecer as particularidades para a súa construción, manexo e uso; co obxectivo de poder replicalas nas comunidades identificadas no proxecto.