Europa debe poñer fin inmediatamente á produción de millo transxénico
A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) iniciou unha investigación relativa á seguridade dos cultivos de millo xeneticamente modificados en Europa, a raíz do estudo máis extenso, publicado ata a data, sobre o pole do millo. Amigos da Terra e Testbiotech reclaman ás autoridades europeas que suspendan de inmediato o cultivo de millo transxénico e as autorizacións futuras.
A Comisión Europea, baixo a presión da industria biotecnolóxica, está a considerar permitir un novo cultivo de millo transxénico. Trátase do millo transxénico de Pioneer, coñecido como 1507, con dúas modificacións xenéticas que lle permiten producir unha toxina para combater o trade do millo e á vez ser tolerante ao herbicidaglufosinato. Amigos da Terra Europa e Testbiotech escribiron ao novo Comisario de Seguridade Slimentaria da UE, Andriukaitis, solicitando que se deteña o cultivo de millo transxénico.
A Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, nunha carta do 16 de decembro de 2014, anunciou unha nova investigación para avaliar a seguridade de todas as variedades de millo transxénico que se cultivan en Europa na actualidade ou aquelas que están en trámites de ser aprobadas. Segundo o anuncio, estas avaliacións de seguridade publicaranse antes do 31 de maio de 2015.

O estudo, que reabriu a investigación e o posicionamento da EFSA, recompila datos sobre as distancias que pode percorrer o pole do millo. Un comportamento que foi monotorizado polos investigadores durante 10 anos. A EFSA aconsella que a distancia de seguridade entre campos cultivados con millo transxénico e espazos naturais sexa de 20 a 30 metros, non obstante, o estudo desvela que o pole pode viaxar varios quilómetros.
Para protexer especies catalogadas como sensibles ao insecticida que contén o pole transxénico, como as bolboretas e as trazas, as distancias de seguridade deben basearse en rangos de quilómetros, segundo o estudo. A investigación conclúe que as avaliacións de risco previas e as conclusións relativas ás distancias de seguridade, a exposición potencial, e os efectos sobre os organismos “non obxectivo” deben ser revisados.
Liliane Spendeler, directora de Amigos da Terra declarou que: “con esta nueva investigación se ve claramente que es casi imposible cultivar maíz transgénico sin provocar graves daños a la naturaleza, así como contaminación transgénica en los campos de cultivo convencionales y ecológicos. La única conclusión lógica y científica que se desprende es que es necesario detener todo el cultivo de maíz transgénico en Europa“.