O Parlamento Europeo debe protexer á cidadanía ante a ameaza do tratado comercial entre UE-EUA
O Parlamento Europeo está a preparar un informe co seu posicionamento sobre as controvertidas negociacións da Asociación Transatlántica de Comercio e Investimento (TTIP, polas súas siglas en inglés). 375 colectivos da sociedade civil procedentes de toda Europa, entre os que está Amigos da Terra, reclamaron aos membros do Parlamento Europeo que defendan á cidadanía, aos traballadoras e traballadores, e ao medio, ante a ameaza que supón o tratado.
Hoxe mesmo, estas 375 organizacións, de consumidores, ecoloxistas, sociais e sindicais, presentes en 25 países, fixeron chegar unha carta aberta aos grupos políticos do Parlamento Europeo. Na carta sinalan que o TTIP podería limitar a soberanía democrática dos Estados, fortalecer a influencia das grandes empresas e socavar os servizos públicos, o medio, as normativas alimentarias e os dereitos laborais.
Nestes momentos a Eurocámara está a debater o proxecto de informe sobre as recomendacións do Parlamento Europeo á Comisión Europea relativas ás negociacións do TTIP, e a votación definitiva terá lugar -posiblemente en maio- unha vez que dean as súas respectivas opinións as catorce comisións parlamentarias que participan no proceso. O informe non será vinculante, non obstante representará un sinal político, xa que o acordo definitivo do TTIP -se chega a producirse- debería votarse no Parlamento Europeo.
Cuca Hernández, voceiro da Campaña ‘Non ao TTIP’, recalcou que: “el TTIP es un intento de acabar con la democracia y ponerla en manos de grandes empresas multinacionales a través de negociaciones secretas y con propuestas políticas que pretende vaciar completamente la soberanía demcrática y el derecho a decidir de los parlamentos, instituciones y de la gente“.

Sandra Espeja, voceiro da Campaña Estatal Non ao TTIP,’ sinalou que: “el TTIP es un Caballo de Troya. Este tratado implicaría un ataque a los estándares de seguridad alimentaria, ambientales y laborales así como el sacrificio de los derechos democráticos a favor de los intereses de grandes empresas. Los Europarlamentarios han de rechazar de pleno las propuestas recogidas en el TTIP, como el mecanismo de resolución de controversias entre inversor y Estado (ISDS), que otorgan privilegios especiales a las grandes empresas para demandar a los gobiernos y rompen con el Estado de Derecho, así como la mal llamada cooperación reguladora, una herramienta definitiva de los lobbiesempresariales para lograr legislaciones a su medida,”.
A oposición ao TTIP creceu exponencialmente en toda Europa estes últimos 12 meses. Puxéronse en marcha campañas en 25 países da Unión Europea e lográronse resolucións críticas en varios parlamentos. Máis de 1,5 millóns de persoas asinaron a Iniciativa Cidadá Europea auto-organizada esixindo ás administracións europeas deter as negociacións do TTIP e non ratificar o tratado de comercio entre Europa e o Canadá, chamada CETA.