revista sab n19 portada 2015
O ano 2015 ven marcado a nivel politico pola celebración de eleccións municipais. Neste contexto cabe preguntarse, entre outras cousas, qué modelo agroalimentario queremos e qué poden facer as administracións públicas máis próximas á cidadanía para a transformación do mesmo. Emaús Fundación Social, da algunhas claves ao respecto no seu artigo “Políticas municipales para la soberanía alimentaria”, incluido na Revista Soberanía Alimentaria.

 

O artigo está baseado en parte en experiencias apoiadas por administracións locais vascas e relacionadas coa producción, comercialización e consumo de alimentos locais.

1. Axudas a productores/as locais. Identifícanse nesta categoría, medidas que faciliten a produción e comercialización a pequenos agricultores. Neste ámbito inclúense múltiples tipos de axudas, dende as económicas (exención ou redución de taxas ou impostos), ata outras como o asesoramento xurídico, a cesión de espazos ou a integración e visibilización de postos de venda en mercados municipais.

2. Compra pública de proximidade. As administracións municipais poden contribuir de xeito moi directo ao fortalecemento da agricultura local, a través da compra pública de alimentos locais para o seu consumo dentro da propia administración, e en comedores escolares e comedores doutros centros públicos que xestionen. Para elo, poden introducir criterios medioambientais, sociais e de proximidade nos concursos e contratacións públicas do servicio. Se ben, estas son medidas que dependen directamente da vontade das administracións abondan os atrancos e se avanza lentamente neste eido.

3. Promoción de circuitos curtos de comercialización. Son moitas as alternativas de venda directa que se poden fomentar, dende a venda online, os grupos de consumo, as feiras e mercados, etc. Ademais de facilitar este tipo de espazos ou modelos de venda sen intermediarios, as adimnistracións poden dar apoio na achega á cidadanía, a través de accións e campañas de sensibilización sobre os beneficios de consumir alimentos de proximidade.

4. Dinamización do sector agrícola. A través de plans de desenvolvemento rural e outro tipo de proxectos pódese promover o cambio gradual cara outro modelo de produción e comercialización e a viabilidade do sector a longo prazo.

5. Facilitar o acceso á terra. Inicativas como as hortas urbanas para autoconsumo ou as agroaldeas son algunhas das propostas que xa están a funcionar nalgúns municipios e que propoñen dar un novo uso ás terra, en mans das persoas que queiran cultivalas.

6. Plans de conservación de espazos agrarios. A través das competencias en materia de regulación e ordenación territorial pódense levar a cabo propostas como os “plans de protección do solo agrario”, que conlevan o mantemento e valorización da agricultura e/ou a gandeiría en determinadas zonas fomentando ademais, nalgúns casos, circuitos curtos de comercialización.