Programa horta ecoloxica vigo 2015
Amigos da Terra continúa o programa anual de horta ecolóxica que iniciou recentememente na horta comunitaria que xestiona en Vigo. O programa ofrece formación, apoio e seguimento a aquelas persoas interesadas en cultivar os seus propios alimentos, de xeito ecolóxico e participativo, a través de xornadas de traballo mensuais e obradoiros prácticos guiados polo labrego ecolóxico Jacobo Ojea. Estás a tempo de apuntarte á próxima xornada de horta,  o sábado 24 de xaneiro!

 

 

A través do programa,  as persoas participantes aprenden a coidar e mellorar a horta durante todo o ano. Ata o de agora conformamos un grupo inicial de traballo, preparamos os primeiros bancais e plantamos algúns cultivos (tirabeques, allos, espinacas e acelgas). Neste mes de xaneiro retomamos o contacto coa terra para plantar patacas e planificar os seguintes cultivos e traballos. Tamén construiremos proximamente composteiros e un sistema de rego.

programa horta ecoloxica 2015 II

Se estás interesado/a en integrarte nunha horta comunitaria e consumir os alimentos ecolóxicos que ti mesmo/a cultivas, participando dun grupo autoxestionado, aínda estás a tempo. Apúntate a cultivar con Amigos da Terra!

Máis información: cooperacion@amigasdaterra.net