Durante estes días 24, 25 e 26 de outubro de 2014, a Cidade de Mondoñedo (Lugo), acollerá o IX Foro por un Mundo Rural Vivo, baixo o lema: “Bens comúns, loitas e resistencias para a defensa dos nosos territorios. Afianzando a proposta campesiña cos mozos nos nosos campos”.
Convocado pola Plataforma Rural,(da que forma parte Amigos da Terra) nesta ocasión, a organización anfitriona e coorganizadora do evento é o Sindicato Labrego Galego. Para seguir fortalecendo o noso movemento pola Soberanía Alimentaria, as xentes e as organizacións que traballamos en favor de “Un Mundo Rural Vivo”, regalámonos tempo, espazo de encontro e convivencia para algo tan importante como ilustrar o debate e a reflexión.
Este Foro vainos a permitir abordar novos e importantes desafíos; entre eles, queremos destacar o papel das movilizacións que, en tantos pobos, estanse levando a cabo para protexer a nosa soberanía na xestión e control dos bens comúns. Só así poderemos manter as nosas agriculturas locais, esas que manteñen vivos ecosistemas e territorios, á vez, que alimentan ao mundo.
Será tamén un bo momento para abordar dous temas centrais nas nosas paisaxes humanas: por unha banda, para visibilizar e coñecer as achegas dos feminismos na tarefa de facer terra campesiña, xerme de homes e mulleres en igualdade; e, por outro, un marco onde fortalecer a presenza de persoas novas nos nosos pobos con vocación de agricultura, esa desexada re-volta ao campo cargada de forza, valores e ilusión.
Máis información do programa >>>