Queres involucrarte no coidado da natureza? Acabamos de abrir a inscrición para que te apuntes ao campo de voluntariado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.
Dende Amigos da Terra xunto a Ecocampus UAM estamos a organizar varios Campos de Voluntariado Ambiental en diferentes Parques Nacionais. A idea é concienciar sobre a importancia destes legados naturais a través de proxectos e actividades nos espazos da Rede de Parques Nacionais, os seus terreos e centros.
Aquí en Galicia desenvolveránse no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, nas illas Cíes e Ons, e como principal actividade estudarase o desenvolvemento fenolóxico das principais especies de flora arbórea e arbustiva.

Datas (actualizadas)
25 e 26 de octubre – Illa de Ons
1 e 2 de novembro – Illas Cíes
7 e 8 de febreiro 2015- Illas Cíes
14 e 15 de febreiro 2015 – Illa de Ons
Bota un ollo aos requisitos de inscrición aqui

Hola, estoy interesada en acudir a este campo de voluntariado. En las normas de inscripción pone que no se incluye el transporte hasta y desde el parque, ¿cómo llegamos hasta las islas? Un saludo.
Hola, apunteime xa en outubro para os de frebreiro, sabedes xa a lista de admitidos? Graciñas!
Saúdos
Estamos a adxudicar as últimas prazas, segundo orde se inscrición, para cubrir algunhas baixas nas persoas que o tiñan asignado.
Dacordo ao procedemento de validación das prazas so nos poñemos en comunicación cas persoas seleccionadas, polo que se non recibes unha comunicación nosa, por correo electrónico ou teléfono, é que non foi posible asignarche unha praza.
En calquera caso, moitas grazas polo teu interese! Un saúdo.