O 90% dos agricultores e agricultoras do mundo son campesinos e indíxenas, pero tan só controlan menos dun cuarto da terra agrícola mundial. Ésta é unha das principais conlcusións que recolle o informe “Famentos de terra”, elaborado por GRAIN.
A partir da información dispoñible en paíes de distintas rexións do mundo sobre cánta terra está realmente en mans do campesiñado e os pobos indíxenas e cánto alimento se produce nela, derívanse varias conclusións que nos axudan a entender a problemática do actual sistema agrícola e alimentario e as relacións desiguais que comporta para a maior parte da poboación mundial.
En primeiro lugar, máis do 90% das fincas do mundo son fincas campesiñas que se están tornando cada vez máis pequenas. A pesares de constituir unha inmensa maioría, a superficie total das mesmas ocupa tan só un total aproximado do 25% do total da terra agrícola mundial.
En segundo lugar, en comparación coas grandes fincas, as fincas pequenas son máis produtivas que as grandes parcelas e as principais produtoras mundiais de alimentos. Distintos organismos internacionais estiman que a produción deste tipo de agricultura acada ata o 80% do alimento producido nos países non industrializados.
Por outra banda, cada vez se perden máis fincas e agricultores/as en todo o mundo ao tempo que seguen medrando as grandes extensións de cultivos. Esta desparición é motivada por elementos como a presión demográfica ou industrialización, pero tamén por factores relacionados co control e a xestión das terras, como os procesos de concentración parcelaria, a falta de acceso á terra ou o acaparamento da mesma; e polas políticas comerciais que promoven a expansión dos monocultivos tales como soia, palma ou caña de azucre, substituíndo cultivos de alimentos por cultivos para a actividade industrial (agrocombustiles, por exemplo).
Así pois, as grandes parcelas foron aumentando a súa extensión a costa do pequeno e mediano campesiñado. Se ben este é un proceso que se da en todo o mundo, é especialmente destacado en Europa, como consecuencia, entre outros factores, das políticas agrícolas da Unión Europea.
Tamén é preciso destacar no sector agrícola mundial o papel relevante e invisible das mulleres. Se ben elas son as principais produtoras de alimento (según datos da FAO, nos países non industrializados entre o 60% e o 80% do alimento é producido por mulleres), son minoría as que posúen a propiedade da terra ou as que teñen poderes sobre ela, quedando relegadas a man de obra e sufrindo unha situación de discriminación en canto ao control dos recursos e da economía familiar.
É preciso pois un cambio de rumbo que apoie ao pequeno campesiñado e, moi espcialmente ás mulleres que o integran, que devolva o control dos recursos naturais ás pequenas familas campesiñas para que poidan alimentar ao mundo.