doasangue

Amigos da Terra xunto co Centro de Transfusión de Sangue de Galicia vai a levar a cabo, por decimoscuarto ano consecutivo na cidade de Ourense, a campaña: “Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore”, que acadou o ano pasado unha participación de 198 persoas.

A iniciativa terá lugar entre os días 14 e 21 de xullo e tenta acadar un dobre obxectivo: mellorar a información dos cidadáns sobre as doazóns de sangue, un xesto solidario indispensable para o correcto desenvolvemento do labor asistencial dos hospitais galegos, sobre todo nestas datas, nas que fan máis falta as doazóns debido ao aumento do número de accidentes. Así como provocar unha especial sensibilidade social a prol da conservación do medio ambiente, xa que como todos e todas sabemos, os índices de incendios forestais aumentan dun modo alarmante nos meses de verán, provocando a desaparición dos bosques galegos e a perda de biodiversidade.

Por iso, a través desta campaña temos a posibilidade de facer unha dobre contribución: axudar ás persoas e axudar ao medio ambiente.

Durante os seis días nos que se desenvolverá esta iniciativa, voluntarios/as de Amigos da Terra distribuirán información sobre a doazón de sangue e ofrecerase aos doadores e doadoras a posibilidade de plantar unha árbore por cada doazón que se rexistre.

doasangue2

A unidade móbil estará presente nos seguintes lugares da cidade de Ourense:

LUNS 14 DE XULLO: Barrio A CARBALLEIRA, Unidade móbil na Rúa Nicomedes Pastor Díaz, das 15.30 ás 21.00 horas

MARTES 15 DE XULLO: Barrio O POSIO, na Rúa Coruña, esquina coa Rúa do Progreso, das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

MÉRCORES 16 DE XULLO: Barrio O COUTO, Unidade móbil na Rúa Vila Real ao carón do Colexio Santo Anxo das 09.30 ás 14.30 e das 15.30 ás 21.00 horas.

XOVES 17 DE XULLO e VENRES 18 DE XULLO:

RUA DO PASEO, Unidade móbil no Paseo 37 (preto da “Ibense”) das 09.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas

LUNS 21 DE XULLO: ZONA MARIÑAMANSA, Unidade móbil FRONTE AO SUPERMERCADO “Covirán” (Av. Zamora Nº 136) De 15.30 ás 21.00 horas.


Ti tamén podes colaborar a través de Amigos da Terra, achegándote á asociación para inscribirte como voluntario/a na campaña. O noso obxectivo será o de dar información a pé de rúa aos cidadáns sobre dita campaña.

Todas as persoas que desexen participar como voluntarias nesta campaña, poden poñerse en contacto con nós:

Amigos da Terra

Telf: 988 374 318
voluntariado.galicia@amigasdaterra.net