
Hoxe, 2 de Xullo, a Comisión Europea publicou un paquete de medidas [1] para alcanzar un uso de recursos máis sustentable na Unión Europea. Amigos da Terra considera estas propostas insuficientes para o gran problema ao que se enfronta Europa co seu voraz apetito de recursos e os seus impactos no resto do mundo.
A Comisión Europea cobre con este documento un amplo espectro de áreas que afectan ao consumo de recursos, desde materiais, alimentos e construción ata a eliminación de residuos. Con todo, a falta de propostas concretas dificulta a consecución dos obxectivos suscitados.
Amigos da Terra solicita a Europa e ao Estado Español que tomen medidas eficaces e reais para a redución no uso de recursos naturais, dado os graves problemas a nivel planetario que o consumo europeo xera.
Un dos puntos que podería ser o máis relevante para mellorar o uso de recursos é a medida do consumo de recursos, pero a proposta de reducir un 30% deste consumo está baseada, polo momento, no peso dos materiais utilizados en Europa en relación co PIB [2], e deste xeito non considera a enorme cantidade de solo e auga que se usa indirectamente en todo o planeta. Esta medida, xa que logo, non pode considerarse eficaz para reducir o uso de recursos naturais, moito menos cando Europa é un importador neto de materias, e depende dos recursos doutros países para o seu consumo. O sobre-consumo europeo está directamente relacionado coa contaminación, deforestación, cambio climático, acaparamento de terras e os abusos de Dereitos Humanos, ademais doutros problemas ambientais e sociais na maioría dos casos en países non industrializados, cun índice de consumo moito menor.
Segundo Ariadna Rodrigo, Responsable da campaña de Recursos Naturais en Amigos da Terra Europa, “as medidas anunciadas hoxe non reflicten o consumo total de Europa, polo que non se poderá realizar un esforzo real de redución no consumo de recursos naturais. É imprescindible medir o consumo europeo de solo, carbono, auga e materiais en todo o planeta para reducir o seu uso en términos absolutos”
Doutra banda, Amigos da Terra celebra as medidas publicadas en relación á xestión de residuos, que crearían 580.000 empregos, xa que España terá que tomar boa nota das mesmas:
– o incremento do obxectivo de reciclaxe de residuos domésticos ata un 70% en 2030;
– o establecemento dunha porcentaxe específica para envases do 80% en 2030, con obxectivos para materiais específicos;
– prohibición de vertido de residuos reciclables en 2025 e recuperables en 2030 (incluíndo concretamente as bolsas de plástico dun só uso);
– redución dos residuos alimentarios nun 30% en 2025;
– harmonización, simplificación e unificación das medicións na xestión de residuos entre estados membros.
Segundo Alodia Pérez, responsable da campaña de Recursos Naturais e Residuos en Amigos da Terra, “estas medidas supoñen un gran reto para o goberno español, que terá que intensificar esforzos para lograr os obxectivos suscitados para a reciclaxe e reducir os residuos vertidos, máis aínda tendo en conta a creación de emprego prevista. A única opción aceptable é o incremento da redución na xeración de residuos, a preparación para a reutilización dos mesmos, e a mellora nos sistemas de separación para o reciclaxe, xa que a opción da valorización enerxética non cumpre os parámetros da enerxía circular nin contribúe significativamente á creación de emprego”.
***
Notas
[1] http://ec.europa.eu/environment/circular-economy/pdf/circular economy communication.pdf
[2] A CE propón un obxectivo do 30% en 2030 baseado na produtividade dos recursos. Esta medida calcúlase dividindo o PIB de cada país polo seu consumo en peso de materias primas. Os países con maior PIB serán os que obterán mellores resultados aínda que consuman moitos máis recursos.