Amigos da Terra convídavos a participar na defensa e mellora do ecosistema forestal próximo a As Corcerizas, en estancias gratuítas dunha semana durante os meses de xullo e agosto.
O obxectivo principal do mesmo é sensibilizar e infundir nos/nas participantes criterios e coñecementos básicos sobre a prevención, información e vixilancia contra os incendios forestais, que os motiven e capaciten para valorar e conservar os nosos bosques.
Nun ambiente lúdico, combinaremos:
– Accións directas no monte para a súa recuperación e restauración de zonas afectadas polos lumes
– Roteiros de vixianza disuasiva e interpretación da paisaxe
– Coñecemento do medio: flora e fauna
– Obradoiros ambientais e orientación
– Debates, videos, dinámicas grupais..
Datas e número de participantes na Serra de San Mamede:
O programa desenvolverase en quendas de 5 días cun grupo de 6 persoas voluntarias
- do 30 de xuño ao 4 de xullo,
- do 7 ao 11 de xullo,
- do 14 ao 18 de xullo,
- do 18 ao 22 de agosto.

O programa inclúe:
- Aloxamento e pensión completa no albergue.
- Programa de actividades e monitores.
- Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
O desprazamento ata o albergue será por conta dos/das participantes.
Condicións xerais:
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias que teñan cumpridos os 18 anos no momento da súa participación.
Deberán levar os útiles de aseo persoal, toallas, chancletas para a ducha, roupa cómoda, roupa de abrigo e de auga, botas de montaña, calzado deportivo e lanterna. Obrigatorio levar saco de durmir.
Participantes e inscricións:
Todos os voluntarios e voluntarias que estean dispostos a colaborar neste proxecto poden inscribirse a través do formulario que aparece na web www.voluntariadogalego.org.