ue_eleccionesAmigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF conseguen o compromiso dos cabezas de lista de Primavera Europea, Los Pueblos deciden, Esquerda Plural, Podemos, PACMA e PSOE.

Partido Popular, UPyD, L’Esquerra pel Dret a Decidir, Coalición por Europa e Vox non quixeron asumir os compromisos.

Despois de publicar as súas propostas para a próxima lexislatura europea e tido organizado un debate entre os principais candidatos, as cinco organizacións ecoloxistas de ámbito estatal (Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF) dirixíronse aos partidos políticos que concorren ás eleccións europeas do 25 de maio, para que as súas cabezas de lista concretasen as súas intencións en canto á protección do medio.

As cinco organizacións fixéronlles chegar 22 propostas sobre as principais preocupacións ambientais da cidadanía: o cambio climático e a enerxía; a preservación da biodiversidade; o uso de recursos naturais; o tratamento de residuos; a contaminación do aire, e a contaminación por químicos. Tamén fixeron fincapé en sectores como o comercio, a agricultura, a economía e a xustiza.

A día de hoxe, candidatos de Primavera Europea, Los Pueblos deciden, Esquerda Plural, Podemos e PACMA aceptaron comprometerse a defender todos os puntos destacados polas ecoloxistas en caso de ser elixidos. Pola súa banda a candidata do PSOE admitiu practicamente todos. Á súa vez comprometéronse a reunirse periodicamente coas organizacións ecoloxistas para analizar o desenvolvemento da actividade parlamentaria e os próximos retos en materia de medio.

Partido Popular, UPyD, L’Esquerra pel Dret a Decidir, Coalición por Europa e Vox non responderon ao chamamento das organizacións.

ue_elecciones

Amigos de la Tierra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e WWF fan un seguimento pormenorizado das políticas europeas ambientais, pola súa transcendencia, non soamente nas políticas españolas, senón a nivel global. Así se encargarán de recordar aos eurodeputados e deputadas españois os seus compromisos adquiridos. Máis do 80% da lexislación ambiental española provén de decisións comunitarias.

As organizacións ambientais entenden que parte do seu traballo é proporcionar información obxectiva á cidadanía nun momento tan importante como son as eleccións europeas. A Unión Europea ten por diante o enorme desafío de dar un xiro ao modelo actual e protexer ás persoas e ao medio. Neste sentido, o Parlamento Europeo é un actor esencial no cambio cara á sostibilidade, e o voto da cidadanía é crucial para marcar esta orientación tan necesaria.

22 compromisos ambientais