ANDAINA As Corcerizas (San Mamede), Edreira, Ferreiria, O Teixedo, As Corcerizas.
Para o vindeiro sábado 10 de maio organizanse entre Amigos da Terra e varios colectivos da Limia esta andaina, tendo dúas posibilidades para facela andaina e dous percorridos, un doado de facer e outro algo máis longo e de dificultade media-alta. Unha andaina de 20 Qm e a outra de 32 Qm.
Contaremos con guía e rutómetro, na Edreira (Serra de Queixa) Camilo de Dios contaranos as experiencias, a vida dos maquis, a convivencia coas xentes da serra…
ANDAINA 1
Saída en bus de Xinzo da Limia (10 horas), Ourense (10:40 horas) na parada dos buses de As Lagoas.
Podes apuntarte até o día 8 de maio mediante SMS ao Tno.- 677757983.
Prezo do bus máis xantar 15 euros.
Percorrido dende Taboazas – cola do encoro de Queixa, Ferreiría ate a Edreira (20 quilómetros). Andaina doada de facer.
Organizan varios colectivos da Limia.
ANDAINA 2
Percorrido Circular, camiñaremos dende o albergue de As Corcerizas subiremos ao cúmio do San Mamede (1618 m.), baixaremos deica o Teixedo polas Gorbias e O Meixón (fragas de refuxio e feitorias de Manuel Blanco Romasanta) – A Ferreria – Edreira – Porteliña da Boqueira – Fonte do Santo (nascente do Río Arnoia) – Peneda da Lebre (33 quilómetros ida e volta). Andaina dificultade media – alta.
Saída dende As Corcerizas ás 10:15 horas.
Quedamos en Ourense (Campus universitario de Ourense, edificio de facultades, en As Lagoas, a carón da estatua do afiador) ás 9:00.
Levar a comida, calzado cómodo, cámara de fotos, … Para abaratar custes lembrade que podemos compartir coche dende Ourense.
Xantaremos na Edreira ás 14 horas. A Edreira só ten unha saída natural, encaixada entre San Mamede e Queixa, posiblemente sexa o lugar máis aillado de Galicia. Lugar mítico de refuxiados, resistencia, axustizamentos… lugar esquecido vergonzosa e interesadamente. O día 10 faremos algo de memoria, contaremos un pouco do acontecido fai 65 anos, prantaremos algunha árbore…
Faremos un xogo de orientación – cartografía e haberá algunha que outra sorpresa.

As persoas que queiran poden quedar a dormir na cabana-refuxio da Edreira e voltar o domingo día 11.
Para esta andaina de 32 quilómetros avisar no Tno.- 988374318 ou enviar un correo a: voluntariado.galicia@amigasdaterra.net
Organiza Amigos da Terra
Para a andaina 1: na hora de saída de Ourense debe haber un erro. Un saúdo