
O sábado 19 de abril continuaremos coas xornadas de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede, centrando as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais.
Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os seus elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:
– Mellora do bosque comestible
– Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro
– Construción dunha ponte sobre o río da lagoa

Se estás interesado/a en participar, contacta en voluntariado.galicia@amigasdaterra.net ou no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense.
Horario das actividades: 11h. a 19h.; saída conxunta ás 10 dende Ourense
DÍA. Sábado 19 de abril
SAIDA: ás 10:00 horas da explanada da comisaría de policía, As Lagoas (Ourense).
VOLTA: pola tarde ás 19:00 horas.
levade calzado cómodo, xantar, camara de fotos,…