A asociación ecoloxista recomenda precaución por tratarse de especies de elevada toxicidade por contacto.
Durante a tarde de hoxe, colaboradores de Amigos da Terra localizaron varios exemplares de medusas da especie Carabela Portuguesa (Physalia physalis) en varias praias do interior da ría de Vigo. Ata agora a súa presenza estaba localizado nas praias máis exteriores pero as correntes da ría as están arrastrando máis cara ó el interior.
Trátase dunha especie con alta toxicidade que, aínda mitigada por chegar mortas ás praias, conservan ainda parte da súa potencial perigosidade.
Concretamente localizamos seis exemplares na praia Este de Toralla, dous en O Vao, tres en Serral, xunto á finca Mirambell e dúas en Samil, pero esta distribución non resulta significativa pois a súa chegada obedece aos ventos e correntes, polo que calquera praia do interior da ría é susceptible de acoller paramentos e previsiblemente poidan localizarse tamén nuns días nas praias da península do Morrazo.
Recomendamos precaución a aquelas persoas que nestes días se achegan ás praias. O aspecto da bolsa de gases que as axuda a navegar, e que semella un globo con vivas cores, fainas moi atractivas para nenos e nenas. Teñamos especial coidado cos nenos/as e a mesma recomendación a facemos extensible a aquelas persoas que pasean cans polas praias.

Os sucesivos temporais, unidos a un gradual aumento das temperaturas mariñas fan que a presenza desta especie propia de zonas máis cálidas sexa cada vez máis frecuente no noso litoral.
Amigos da Terra informou deste feito á concellalía de medio ambiente do concello de Vigo para que se proceda á retirada dos exemplares atopados.