Como as árbores teñen a mania de facer as cousas ao seu xeito é preciso e urxente recoller sementes de landras para poder levar actividades despois de restauración-recuperación de zonas incendiadas.
Por elo estamos a organizar unhas XORNADAS de PRANTAFRAGAS e andamos a traballar en actividades que ensinen a recuperar-restaurar montes queimados, ecosistemas estragados, arranxar zonas de ribeira para evitar a erosión, a perda de solo e a destrución de ecosistemas fluviais…
Para levar a cabo estas actuacións precisamos de sementes, e claro as nosas amigas, as árbores, teñen a manía de producir a semente en función da súa bioloxía, da climatoloxía e por riba tanta choiva e vento neste outono fixo que se adiantara a caída dos seus froitos.
ÚRXENOS!!! A RECOLLIDA DE SEMENTES
1º saída este sábado (9 de novembro de 2013) a terras da Limia para recoller landras de carballo Quercus robur.
LUGAR: frente á comisaría de policía, As Lagoas (Ourense).
HORA: ás 9:30 horas. Volta pola tarde segundo a metereoloxia.
Na xornada ademais de recoller sementes tamén temos programadas visitas a fragas, penedos encantados e recunchos máxicos da bisbarra limiá.
Organiza Amigos da Terra contando coa colaboración do Comité en Defensa do Monte Galego

Ola, eu non puiden ir á recollida dp día 9, pero polos arredores do meu pobo hai unha chea e landras, asi que podo recoller algunhas.
Entendo que vale calquera landra que estea sana non? de calquera especie? mellor as verdes ou marróns?
Moitas gracias!
Espero poder estar na sementeira que se faga.