Curtocircuto_detalle_webAmigos da Terra participa este venres, 8 de novembro, nunha xornada organizada en Compostela por Veterinarios sen Fronteiras-Xustiza Alimentaria Global (VSF) e o Sindicato Labrego Galego para potenciar a compra pública de alimentos en Galicia como ferramenta para traballar pola soberanía alimentaria. A actividade encádrase nunha campaña global que se está a desenvolver no Estado Español baixo o nome “Curtocircuíto”.

Esta campaña está baseada nas conclusións da investigación publicada por VSF “Compra pública en sistemas alimentarios globais. Impactos sociais, ambientais e económicos”.

Para VSF e o Sindicato Labrego Galego, a compra alimentaria das administracións públicas pode e debe funcionar como impulsora dos mercados alimentarios locais e ten un enorme potencial para facelo non só mediante a súa acción lexislativa e orzamentaria, senón tamén como consumidoras e mercadoras de alimentos. Teñamos en conta que, no estado español, as administracións públicas destinan entre 2.000 e 3.000 millóns de euros a compras alimentarias para fornecer colexios, hospitais, centros penitenciarios e bancos de alimentos.

Con todos eses cartos, as administracións poden e deben ter un rol determinante para impulsar os mercados alimentarios locais, apoiar a agricultura familiar e ser un factor determinante no desenvolvemento rural non só a través de accións lexislativas e orzamentarias, senón converténdose, ademais en consumidoras e mercadoras de alimentos.

Amigos da Terra participará no foro de debate e intercambio de experiencias para dar a coñecer a campaña “Alimentos Kilométricos”, a través da cal se visibilizan e denuncian os impactos ambientais e sociais do actual modelo agroalimentario. 

Data: 8 de novembro de 2013

Horario: de 16:00 a 20:00 horas

Lugar: Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC)

Programa