forno_solar

O venres 25 de outubro, entre as 18.30 e as 20.30h, temos programado un obradoiro práctico de fabricación artesá de fornos solares na oficina de AdT en Vigo.

 

No marco do proxecto de mobilización da mocidade “Movéndonos para o cambio”, queremos animarvos a acudir ó local de Amigos da Terra en Vigo, este venres pola tarde, para coñecer as alternativas propostas no eido das enerxías alternativas, e en concreto, aprender a facer o voso propio forno solar.

Facilitarémosvos caixas de cartón, e tódolos materiais precisos para a construción artesá dun forno, realizaremos por grupos fornos de distintos tamaños, e compartiremos ideas sobre alternativas ó modelo enerxético.

Se estás interesado/a, solicítanos a túa folla de inscrición!

 

Data e hora: venres 25 de outubro, de 18.30 a 20.30h

Lugar: Oficina de Amigos da Terra, Rúa Velázquez Moreno 9, 2º, 36201 Vigo

 

Destinatarios/as: Tódalas persoas interesadas. Especialmente orientado para mozos e mozas entre 18 e 35 anos de idade.

Máis información e inscricións:  consumo@amigasdaterra.net

Teléfono: 986 229 089

Financia a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

iniciativaxove