091119_mariaycomposteiro

O venres 11 de outubro, entre as 18.30 e as 20.30h, temos programado un obradoiro formativo de Compostaxe e vermicompostaxe doméstica.

Dado que un grupo de persoas voluntarias de Amigos da Terra vén de pór en marcha os últimos meses unha horta de cultivo ecolóxico na zona de Valladares, aproveitaremos a mesma para elaborar alí a nosa propia composteira, a partires das 19.30h, e contribuíndo asemade á mellora  e sustentabilidade da horta.

Antes, realizaremos un obradoiro participativo, no centro da Asociación de Veciños de Valladares, a partires das 18.30h

Nel falaremos da problemática asociada ós residuos e da situación da súa xestión na actualidade na Galiza. Proporemos alternativas coma a compostaxe a nivel doméstico, e amosaremos como aproveitar un produto de desfeito transformándoo nun produto útil de calidade.

Ademais, informaremos de cómo participar no proxecto de horta comunitaria que estamos a artellar en Vigo. A actividade é gratuita e está aberta a calquera persoa interesada. 

Apúntate! Será unha oportunidade inmellorable para iniciarte na agricultura ecolóxica.

Data e hora: venres 11 de outubro, de 18.30 a 20.30h

Lugar: Centro Veciñal e Cultural de Valladares, na estrada xeral de Valladares, 261 (http://www.valladares.tv/). A horta está a carón do centro. 

Máis información e inscricións: consumo@amigasdaterra.net

Teléfono: 986 229 089