100227_banco_sementes-020

O día 5 de outubro, en Redondela, ten lugar o VIII Encontro da Rede Galega de Sementes.

Haberá distintos intercambios de sementes, formación sobre a extración e conservación das mesmas, asé coma mesas de debate sobre a agricultura ecolóxica na Galiza.

 

 

Xa que logo o Consumo Responsable é unha das áreas de traballo prioritarias de Amigos da Terra, participaremos no devandito encontro, cun stand, onde atoparedes, entre outros:

  • Catálogos de produtos de tempada e produtoras ecolóxicas
  • Información e mostrario de sementes de variedades locais
  • Test de millo transxénico MON-81
  • Revistas e publicacións en torno á Soberanía Alimentaria

 

Localización: Alameda de Redondela. Se chove, trasladarase á feira do gando.

Data e hora: sábado 5 de outubro, a partires das 10.30h, ata as 14.30h

 

Queremos animarvos a asistir e participar da promoción e consolidación da agricultura ecolóxica, coñecer as sementeira e a recolleita das nosas variedades locais.

 Solicita máis información: consumo@amigasdaterra.net

Teléfono: 986 229 089 (oficina de Amigos da Terra, Vigo)

Máis info sobre o VIII Encontro: redegalegadesementes.wordpress.com

Esta actividade enmárcase no proxecto “Movéndonos para o cambio”, financiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

iniciativaxove