Amigos da Terra continúa a promover o consumo sustentable na sociedade galega, a través da reedición do calendario de alimentos de produción local e de tempada. Ademais de coñecer en qué época do ano se atopan cada un dos alimentos, achegámoste un listado de produtores e produtoras que cultivan froitas, verduras e hortalizas ecolóxicas, e que fan venda directa en cada unha das provincias galegas.
Busca aos produtores/as máis cercanos e contáctalles. Consumindo alimentos locais, ecolóxicos e de tempada estás contribuíndo á conservación dos recursos naturais, ao mantemento do emprego rural, ao coidado da nosa contorna e á mellora da túa sáude.