
O día 27 de setembro en Vigo desenvolverase o primeiro Obradoiro de Alimentación Sustentable, no que exporemos e debatiremos, entre outros, sobre o sistema actual de alimentos quilométricos, o acaparamento de terras e os transxénicos.
Queremos animarvos a asistir e compatir con nós solucións de agroecoloxía e alternativas individuais e colectivas de fortalecemento da soberanía alimentaria.
Localización: Centro Cívico do Casco Vello de Vigo, na rúa Oliva 12, Vigo
Destinatarios/as: Tódalas persoas interesadas en afondar no modelo de alimentación actual, e nas alternativas cara unha alimentación sustentable ambiental e social. Especialmente orientado para mozos e mozas entre 18 e 35 anos de idade.
Data e hora: venres 27 de setembro, entre ás 18:30 e as 21:30h
Actividade gratuita, prazas limitadas.
Se estás interesado/a en participar, solicítanos a ficha de inscrición, ou máis información a través de:
Correo-e: consumo@amigasdaterra.net
Teléfono: 986 229 089 (oficina de Amigos da Terra, Vigo)
Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado