mano_mundos

A súa fin é a mobilización da mocidade compartindo alternativas e creando espazos participativos nos que se poidan iniciar procesos de liderado, así como fomentar a implicación activa da poboación nova. Afonda nas prioridades de informar e transmitir para construír novas relacións baseadas na cooperación, as sinerxías e o empoderamento, que poidan facer fronte ás problemáticas sociais, e superalas.

As prioridades establecidas son, dunha banda, a creación de canles de capacitación e actividades lúdicas que fomenten a participación da mocidade no tecido socio-político e ambiental, e por outra, a mellora do acceso da mocidade ás redes e ós foros de comunicación específicos, que permitan aumentar a participación e a sensibilización da cidadanía máis nova e, por ende, promover o asociacionismo, a súa implicación e liderado .

Poranse en marcha distintas actividades, entre as que atoparedes:

    – Obradoiros vencellados ó consumo responsable nas vilas de Vigo e Ourense, os venres pola tarde (datas a concretar)

    – Accións de rúa sobre o consumo responsable e a defensa do territorio, dentro da campaña Pobreza Cero, o 17 de outubro.

    – Roteiros ambientais para o coñecemento e conservación do territorio nas comarcas de Vigo e Ourense, os ?abados ou domingos (datas a concretar)

    – Charlas na Universidade de Vigo (Ourense e Vigo) e nas Escolas Oficiais de Idiomas de ámbalas dúas vilas, e promoción do Servizo de Voluntariado Europeo.

    – Participación no evento “Get Moving Too: Mobilisation in times of social and economic crisis” , entre o 16 e o 20 de setembro. Promovido por Friends of the Earth Europe (FoEE), mozos e mozas de 17 países contarán cun espazo de reflexión, intercambio de experiencias e formas de mobilización dos diferentes grupos de FoE, dende os locais ata os internacionais.

Ademais realizaremos traballo cooperativo con grupos e asociacións xuvenís e unha comunicación masiva por redes sociais para a divulgación do proxecto.

Estade atento/as ás novas e á información actualizada que estaremos a publicar!

Se queredes participar nalgunha destas actividades, ou obter máis información relativa ó proxecto, podedes escribir ou chamar por teléfono ós locais da asociación en Ourense e Vigo:

Financia: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado