110825_ecoaldeas_059O Albergue As Corcerizas representa ao Estado español nun concurso de Hostelling International a nivel mundial, que ten como finalidade a conservación e o respeto polo medio ambiente.

Hostelling International ofrece unha subvención para albergues xuvenís con proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución de emisións de carbono.

Amigos da Terra leva máis de dez anos xestionando o albergue de As Corcerizas; demostrado que un novo modelo de desenvolvemento é posible e poñéendoo en práctica no día a día do equipamento.

As Corcerizas foi seleccionado pola Red de Albegues Juveniles (Reaj) do Injuve para representar a España neste concurso entre os 254 albergues que coordina este organismo. Tamén accederon como finalistas deste premio os proxectos doutros quince países, entre os que se atopan Canadá, Brasil, China, USA, Australia…

O proxecto que máis votos online reciba será o gañador. Por esta razón, pedimos a máxima participación da cidadanía na votación e difusión do evento.

Co apoio de toda a sociedade poderemos conseguir o premio que dará continuidade ao proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas e a súa divulgación, a través das seguintes accións:

  • Instalación dun pequeno muíño eólico
  • Monitorización de todas as enerxías alternativas do centro: eólica, solar fotovoltaica e microhidráulica
  • Construción de muros radiantes de barro crú como sistema eficiente de calefacción
  • Posta en marcha dun programa escolar que permita coñecer e divulgar estas alternativas posibles

Vota por As Corcerizas en ascorcerizas.com e faite partícipe do proxecto.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado realizará un sorteo de 5 lotes de 4 prazas cada un para pasar unha estadía de fin de semana no propio albergue das Corcerizas, entre as persoas posuidoras do carné xove que voten polo proxecto.

xuventude.xunta.es

Pola súa banda, a REAJ sorteará 4 fins de semana gratis en calquera dos seus 264 albergues entre as persoas que apoien a As Corcerizas!