
Amigos da Terra, ven de presentar denuncias ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, ante a Policía Autonómica e ante o Seprona polos vertidos producidos no regato de Luisin no Concello de Coles, orixinados presuntamente por un desbordamento dunha fosa septica.
Producíronse vertidos de lodos, augas fecais e materia orgánica que afectaban tanto á calidade das augas, como á fauna piscícola, coa destrución paulatina dos ecosistemas fluviais que acollen este río.
Ase mesmo, tamén temos que lembrar que no pasado mes de marzo de 2012, producíanse a mesma situación e pola cal a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, xa abrira un expediente sancionador ao Concello de Coles por ditos vertidos non autorizados.

Dende Amigos da Terra demandamos das administracións, que impoñan as correspondentes sancións pola falta de dilixencia dos infractores à quenes lle corresponde executar as medidas necesarias que eviten a deterioración do medio ambiente e se obrigue a repor o medio ambiente ao seu estado orixinario.